Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A necesidade non xustifica a precariedade
Que o equipo e o propio Armesto intenten xustificar a presenza de traballadores en condicións precarias basándose na necesidade que poida aparecer en calquera servizo é un intento de xustificar o inxustificable. Se o reitor entende que se pode acudir a este xeito de ocupación de postos ponse á altura dos escravistas que no seu momento xustificaban a presenza dos escravos nas súas facendas nas necesidades propias dos traballos que se debían realizar. É unha argumentación sen sentido.

 

Acaba o prazo para a reclamación da extra de 2012
O día 22 remata o prazo para reclamar o pago da parte cotizada da extra de 2012. Resúltame chocante que sindicatos que xa fixeron a reclamación para os seus afiliados de confianza, á vista de que a APA nos convoca para efectuar todos a reclamación poñan agora ao noso servizo a súa asesoría xurídica. Eu polo menos a esta altura da causa non os necesito.

Podo facer a reclamación?
Fun traballador laboral recentemente funcionarizado, corre o rumor que algún dos que cobraron a parte correspondente da extra de 2012 estaba nesta mesma circunstancia. Podo ou non podo facer a reclamación como o resto do persoal funcionario?
(Esta pregunta contestouse nun artigo deste PASquín).

Peche do exercicio
Aproxímase final de ano e, como todos os anos anteriores, aparecerán os desmesurados gastos material informático, teléfonos, tabletas de última xeneración… sería un bo momento para controlar eses gastos e denuncialos tanto internamente como nos medios de comunicación que é o que máis dano lles fai.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript