Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
 

Urxencias, desexos, posibilidades colectivas

O fraude hipotecario é xa evidente. O acceso á vivenda foi substituído por un aparente acceso á propiedade que resultou ser o acceso á débeda perpetua.

 

  • Noticias relacionadas

 

Estamos obrigando a cambiar o réxime hipotecario, mais vai cambiar ó réxime da vivenda? Faremos que a vivenda sexa un verdadeiro dereito incondicional? Depende de nós ter e compartir desexos vivenciais, e darlles formas axeitadas. A vivenda é un dereito, vivir tamén!
 
Neste momento unha grande parte dos desafiuzamentos veñen de non podermos pagar os alugueiros. Esta é a realidade. Nin temos soldo nin temos prestación, nin baixan os prezos, nin hai parque de vivenda pública. Pero estamos nós, e as 20.000 vivendas baleiras da cidade.
 
Teremos sempre que pagar por vivir? A nosa vida non é unha contribución de por sí? Será mellor cando a mocidade marche toda e o país quede abandonado ós voitres?.
Os cambios xerais só poden vir dunha multitude de procesos de reflexión, cambio persoal e compartido, novas experiencias, acordos e loitas. Xa aprendinmos pola forza que os nosos supostos representantes son puros depredadores antisociais. As grandes empresas sométennos a chantaxe permanente e o réxime actual favorece a economía somerxida xeral en beneficio duns poucos.
 
Depende de tod@s nós recoñecer que só paga a pena vivir nunha sociedade si partillamos responsabilidades, imaxinación e goce, si aprendemos xunt@s, si temos sempre na cabeza que non pode quedar ninguén abandonado no camiño.
 
Sen economías cooperativas e complementarias, nas que tod@s teñamos sitio, non van rematar o paro e a emigración. Sen responsabilizármonos de proxectos sociais e aprender a relacionármonos doutro xeito, e sen poñer os coidados no centro, non imos ter un modelo no que a vida floreza sen o pánico continuo do despido.
 
Nada se fai de súpeto, non hai un único camiño, mesmo a loita ten moitos camiños. As urxencias van primeiro. Unha das urxencias do momento é que paren dunha vez todos os desafiuzamentos, sexan de aluguer ou de hipoteca, e que teñamos tempo de construír o modelo de dereito á vivenda que queremos, para que ninguén quede na rúa. A segunda urxencia é pensar e falar entre tod@s, cada quen con quen teña a man.
 
Nin casas sen xente nin xente sen casa!
 
STOP Desafiuzamentos A Coruña
--  
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook
 
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de julho de 2014 23:45
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
 
Recollido de Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript