Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT

A Xerencia e a Xunta de Persoal realizaron, o pasado día 30, a primeira das reunións para negociar a nova RPT. Sobre esta circunstancia a representación e as organizacións presentes no colectivo de PAS funcionario informarán cando o consideren oportuno. No que respecta ao PAS laboral temos que sinalar o seguinte.

 

  • Noticias relacionadas

 

O feito de a Xerencia nin sequera transmitise a súa proposta, para ser analizada, á representación do PAS laboral, mostra a consideración que a Xerencia e o equipo de goberno teñen do colectivo de PAS laboral.
 
Aínda que a RPT é de PAS funcionario queremos recordar á Xerencia e ao equipo de goberno que aínda existe o colectivo de persoal laboral, que a RPT afecta directamente a este persoal e que, polo tanto, ten que cumprir con el as obrigas de información e negociación recollidas no Convenio Colectivo e/ou no Estatuto dos Traballadores.
 
Non imos facer renuncia das nosas reponsabilidades e dos dereitos do colectivo de PAS laboral. A universidade ten que saber que aínda que cada vez sexa máis reducido en número asísteno os mesmos dereitos. De non cumprir con esta obriga, de xeito inmediato, denunciaremos a situación na Inspección de Traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript