Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - ÍNDICES DE POBREZA
 

O triunfalismo de Feijoo, pura falsidade

O 5,7% dos fogares galegos non pode permitirse unha comida de carne ou peixe polo menos cada dous días, unha taxa que subiu un 200% dende 2008.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Son datos que recolle a análise 'Radiografía do aforro 2014' que elaborou a web 'Kelisto.es' con motivo da celebración do día mundial do aforro o próximo 31 de outubro.  

En Galicia, sinala o informe, o "empobrecemento" materialízase nunha serie de circunstancias como esta ou que a porcentaxe de familias con dificultades para chegar co fin de mes aumentou un 17,43% dende 2008, ao pasar de representar o 60,8 ao 71,4%.  

En concreto, as que teñen moita dificultade para iso subiron case   un 28% e as que non posúen capacidade para afrontar gastos imprevistos creceron un 4,9% dende 2008. Mentres, os fogares galegos con atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal nos últimos 12 meses aumentaron un 1,85%, segundo este traballo.

A situación é tan grave que o propio goberno galego desmente o triunfalismo do seu presidente ao

incrementar a 70 millóns a partida de Benestar nos Orzamentos para atender casos de urxencia

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript