Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 30/10/2014

O pasado día 30 de outubro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, nesta reunión tratáronse temas de verdadeira importancia para o PAS, ben en temas da propia orde do día ou na quenda aberta de intervencións.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Desenvolvemento da sesión:
 
1 .- Informe do Reitor
 
O vindeiro día 3 de decembro haberá unha nova sesión do Claustro ordinario.
 
Informe Vicerreitor de Investigación (por ausencia informa o Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías)
A UDC asinou un convenio coa  Xunta que comprende até 2016 segundo o que se pon a disposición da universidade máis de 800.000 € para contratar persoal de apoio ás labores de investigación.
 
Informe Vicerreitora de Planificación Económica  
Entre outras cousas informa sobre o proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta, salienta varias características e sinala que se solicitou unha reunión coa Consellería para saber exactamente as súas repercusións no Sistema Universitario Galego.
Fixo especial mención a que neste proxecto contémplase a restitución de 22 días da paga extra de decembro de 2012.
 
Informe Xerente
Informa sobre o envío á Xunta de Persoal da proposta de revisión da RPT.
Sinala que tras o proceso de negociación co persoal do Capítulo VI xa se lles remitiu, a todas as forzas sindicais presentes na negociación, unha proposta de clasificación por categorías na que tamén se garanten as retribucións mínimas e a representación do colectivo.
Informa sobre a restitución da parte devengada da extra de 2012 (pola súa transcendencia analizámola en artigo aparte).
 
4 .- Informe sobre a convocatoria de eleccións a órganos colexiados 2014
 
Nuria pregunta como quedaría, segundo a convocatoria,  a representación do PAS tanto nas UXAIs como nas UADIs.
Secretario Xeral: como consecuencia da entrada en vigor da RPT na que se contempla a creación das UXAI e UADI, a Comisión Electoral tomou a decisión que se establece na convocatoria.
Despois de insistir  na pregunta sinala que o persoal destas Unidades, ao non pertencer a ningún centro nin departamento concreto a normativa non permite o seu voto en ningún centro e/ou departamento.
Nuria sinala que vota en contra do regulamento.
O Secretario Xeral indica que ao Consello de Goberno ven como información, a súa aprobación corresponde a un órgano diferente.
Xosé Portela protesta pola actuación de un equipo reitoral que presume de, que no seu momento, propiciou que PAS chegase a ter unha representación do 9% nos órganos colexiados agora, pola porta de atrás, nola quita. Se hai normativa que impide a representatividade haberá que cambiar esa normativa. Ou somos, o PAS, parte da Comunidade Universitaria ou non.
A pesar de que non corresponde, segundo as indicacións do Secretario Xeral, tamén vota en contra do Regulamento presentado.
O Secretario Xeral sinala que, as apreciacións que se indicaron, serán transmitidas á Comisión Electoral.
 
14 .- Quenda aberta de intervencións
 
Nuria:
Respecto do reintegro da parte devengada da extra de decembro de 2012 sinala que hai xa un número moi consiederable de persoal interesado no inicio do procedemento  para reclamar a extensión de efectos das sentenzas que obrigan á UDC á súa devolución, que, como ben sabe o equipo de goberno esas reclamación levan aparellado a condena do pago das costas correspondentes.
Protesta pola discriminación que a non xeneralización dos efectos das sentenzas supón para @s traballador@s que non fixeron a reclamación xudicial.
Advirte que levamos moito tempo agardando a que a universidade se comprometa á realización do seu abono polo que, de ningún xeito, se pode acusar ao PAS de falta de compromiso neste terreo. A Xerencia falou da devolución de un terzo do total e iso non chega. Se non hai compromiso para o pago da totalidade, as reclamacións seguirán adiante.
Murmurios no equipo de goberno e, incluso irónicamente, algún da as grazas.
 
Resposta do xerente e reitor líanse estes dous cargos no establecemento dos prazos, para finalizar co que parecía bastante desorganizado o reitor sinala que ao mesmo rematar a sesión se remitiría a todo o persoal afectado a proposta insitucional para a devolución da parte devengada da extra de 2012
 
Xosé Portela:
Despois de ouvir o que, polo baixo, se escoita e que provén do equipo de goberno, sinala que hai prazos para efectuar a reclamación de extensión de efectos que rematan o día 22 de novembro, abondo agardaron moit@s traballador@s para efectuar esa reclamación. De ningún xeito pode haber ningunha crítica ao PAS, o Reitor e equipo tiveron moito tempo para evitar esta circunstancia se non articularon un mecanismo que satisfaga ao colectivo é culpa exclusivamente deles.
 
O día 15 de outubro comezaron a traballar na UDC, en concreto no Servizo de Bolsas 4 traballadoras, da que, dúas están en réxime de “colaboración social”:

  • Non teñen relación contractual coa UDC
  • Non se lles da de alta na Seguridade Social
  • Traballan pero consumen a súa prestación por desemprego
  • Non teñen dereitos laborais.
 Isto configura unha situación de escravitude que a universidade ten que rexeitar e que @s traballador@s denunciamos.
As outras dúas persoas están contratadas a través da ETT Tragsa, cunha xornada de 25 horas á semana e un salario de 600€ brutos ao mes.
A RPT contempla unha praza nese Servizo que a Xerencia se nega a sacar a concurso e cubrila regulamentariamente.
A universidade utiliza a escravitude laboral e o subemprego para cubrir postos de traballo. Esta actitude é impresentable.
 
As circunstancia de precariedade que vivimos @s traballador@s da UDC multiplícanse nas subcontratas de limpeza
 
LINORSA, en Consellos de Goberno anteriores e na propia Comisión de Asuntos Económicos denunciei a situación pola que atravesan as traballadoras que, na Universidade prestan servizo nesta empresa.
A situación lonxe de mitigarse ou remitir, empeora mes a mes. Na Comisión de AAEE o Xerente e Vicerreitora sinalaron que o contrato coa empresa está en prórroga . Urxe que a institución tome a decisión de rescindir ese contrato canto antes. As traballadoras xa anunciaron a convocatoria de folga até que se lles abonen as cantidades que se lles adebedan.
 
CLECE, esta empresa está a levar adiante unha reestruturación de persoal na que xa houbo algún despedimento, se ir máis lonxe dunha traballadora que prestaba servizo nesta Reitoría á que forzaron a asinar un contrato onde se lle reducían as horas para máis tarde despedila. Fórzaselles @s traballador@s á realización de cambios de centro e de horarios, chegando a situacións tan irracionais como asignado ao cristaleiro que presta servizo nesta Reitoría ao que se lle sinalou un horadio desde as 18h. até as 24h, unha xornada tan irregular que sinala o camiño dun posible novo despedimento.
Reclamo da universidade que se interese pola situación laboral nesta empresa concesionaria e que se lle esixa un comportamento ético no concernente ao eido laboral e que se nos transmita un informe ao respecto.
 
Resposta do xerente.
As persoas que comezaron a traballar o día 15 no Servizo de Bolsa fíxose a través dun convenio co Ministerio que oferta esas traballadoras para apoio ás labores administrativas. A universidade non ten nada que ver coa súa contratación.
 
LINORSA é certo que cobraron unha parte do salario de setembro, instóuselles a pagar o salario de non facelo rescindirase o contrato.
 
Xosé Portela, tal e como se expresa o xerente parece que a universidade non ten ningunha responsabilidade coa asignación das traballadoras ao Servizo de Bolsas cando realmente puido non acollerse ao dito convenio.
Máis ética e menos estética!.
 
Reitor, en momentos puntuais, neste Servizo, á universidade faille falta persoal que foi asignado polo Ministerio, a situación económica da UDC non permite acudir á contratación por medios propios.
 
Vicerreitora de Estudantes, o Servizo pide persoal porque o traballo o desborda, preténdese que non se lle asigne?
 
O reitor da por rematada a reunión.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript