Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

Preséntase aos órganos de representación o plan de axuste económico da USC

O Comité Intercentros e a Xunta de Persoal do PAS da USC mantiveron unha xuntanza co equipo de Xerencia que lle deu conta da política de persoal da universidade a curto prazo, condicionada absolutamente polo Plan de Equilibrio Orzamentario que, á súa vez, deberá aprobar a Xunta de Galicia. Entre as situacións ás que se enfrontará o persoal de administración e servizos nos vindeiros anos están a reorganización de determinados servizos, o proceso de funcionarización ou o persoal do capítulo VI.

 

  • Noticias relacionadas

 

Reorganización de servizos
En liñas xerais e segundo espuxo o xerente José Manuel Villanueva, a súa intención é acometer unha reorganización dos servizos en paralelo coa redución que vai experimentar o cadro de persoal de administración e servizos froito dunha taxa de reposición que non permite a contratación e da futura amortización de postos previsto polo plan de equilibrio da USC. Neste senso, sinala como áreas destacadas a de Bibliotecas, a de TIC ou a de infraestruturas, así como outras afectadas pola incidencia de xubilacións do seu persoal.
 
Funcionarización
A funcionarización do PAS Laboral, explicou Villanueva, é un tema que será preciso comezar a abordar de xeito inmediato, se ben este é un proceso que será preciso acometer de xeito progresivo dada a súa complexidade técnica. O motivo desta decisión aparenta ser especificamente económico.
 
Capítulo VI
O persoal adscrito a proxectos de investigación foi outros dos temas tratados polo xerente, quen vincula a permanencia de contratos á capacidade de autofinanciamento dos proxectos. Como novidade a USC está a valorar a definición dunha liña de “programas institucionais” cun sistema de clasificación do persoal distinto da última normativa aprobada en Consello de Goberno (26-03-2014). O seu obxectivo será chegar á contratación indefinida en determinadas áreas ou servizos nos que se ten realizado un maior esforzo financeiro para a súa dotación.
 
Reunións periódicas
O novo xerente expresa a súa vontade de manter contactos periódicos cos órganos de representación, a maiores de que se abran outras vías de negociación como a que suxeriu logo da xuntanza celebrada ao abeiro do Consello de Participación Sindical.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript