A universidade, na reunión realizada coa representación d@s traballador@s o día 29/07/2014, anunciou a decisión de proceder ao recoñecemento administrativo da débeda da parte devengada da extra que ilegalmente se nos recortou no ano 2012.
O pasado día 21 realizouse unha nova reunión da Comisión de Asuntos Económicos da que vos facemos un breve resumo.
A situación terminal das universidades galegas en xeral e, máis particularmente, da Universidade de Compostela, provoca a resposta cada día máis radical da comunidade universitaria, o día 23 de outubro, Feijoo viviu en propia carne a resposta ás súas políticas de recorte.
O día 22 de outubro tivo lugar na Praza do Obradoiro unha rolda de prensa das organizacións que forman parte das Marchas da Dignidade para anunciar que o vindeiro #29N ocuparán o Obradoiro para esixir pan, traballo e teito.
Desde a chegada do Partido Popular ao poder na Xunta de Galicia están impoñendo medidas que deterioran a Sanidade Pública e favorecen os intereses das empresas privadas que se lucran a costa dos orzamentos públicos. Recollemos aquí algunhas das decisións impostas, que poñen en serio risco a continuidade do noso sistema sanitario.
A decisión do TC de suspender o decreto da Generalitat que impedía cortar a subministración en inverno ás familias pobres desata a indignación da Taula del Tercer Sector: "A posición do Goberno español é unha vergoña".
As Marchas da Dignidade denuncian que o goberno obstaculiza unha protesta legal e pacifica coa retención dun autobús que partiu de Galicia con destino a concentración de Somos Reales en Oviedo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript