Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - EXTRA DECEMBRO 2012
 

A universidade forza a reclamación xudicial do PAS funcionario

A universidade na reunión realizada coa representación d@s traballador@s o día 29/07/2014, anunciou a decisión de proceder ao recoñecemento administrativo da débeda da parte devengada da extra que ilegalmente se nos recortou no ano 2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

Este compromiso reafirmouno a representación da universidade na reunión da Comisión de Asuntos Económicos realizada o pasado mes. Na acta da dita reunión recóllese literalmente que no punto 6, rolda de intervencións
 
“Nuria Vieira pregunta cando se vai facer o recoñecemento da parte proporcional da paga extra. O xerente informa de que o procedemento de recoñecemento foi tratado na mesa sindical e infórmaa da situación actual do tema. “
 
A resposta do xerente recollía tamén o compromiso de que, unha vez pechados os orzamentos de 2013 e coñecendo con exactitude o estado das contas, a universidade podía xa proceder á realización dunha nova reunión da Mesa sindical coa finalidade de marcar uns prazos e cantidades máis precisas para proceder á devolución desa parte devengada da extra de 2012.
 
Transcorrido un mes dende o novo compromiso, a APA solicita unha reunión urxente coa Xerencia para instarlle a restitución da parte devengada da extra a tod@s @s traballador@s, xeneralizando o cumprimento das sentenzas que, de xeito individual, obrigan a facelo, o xerente pechoulles a porta. Con esta decisión a Xerencia e, por extensión o equipo de goberno, manifestan, unha vez máis, a pouca fiabilidade dos seus compromisos e só deixan @s traballador@s a saída da denuncia e a mobilización para recuperar esa mínima parte do recortado á que temos dereito por sentenzas xudiciais.
 
Arredor de 21 compañeir@s pertencentes ao colectivo de PAS funcionario e 13 PDI funcionario que, no seu día, reclamaron xudicialmente a extensión de efectos  da sentenza que obrigaba á universidade ao pago da parte devengada da extra de 2012 cobrarana na nómina deste mes.
 
Intentouse chegar a acordos coa universidade para asegurar que tod@s as traballador@s recuperásemos a parte ilegalmente recortada (na situación actual, por exemplo, @s compañeir@s do colectivo de PAS funcionario de Ferrol,  non poden solicitar a extensión de efectos da sentenza que obriga á universidade a pagar a parte devengada da extra de 2012, mentres que o PAS laboral debe agardar á resolución do Tribunal Supremo) e, de paso, non prexudicar, aínda máis a situación económica institucional (a reclamación de extensión de sentenza leva aparellado para a universidade o pago das costas, 150€).
 
Coa decisión tomada empúxase @s traballador@s  a dar un paso máis nas medidas de presión para recuperar o que nos roubaron. Tamén obriga @s compañeir@s pertencentes ao colectivo de PAS funcionario á realización da reclamación xudicial (que neste colectivo ten que ser necesariamente individual) da extensión de efectos da sentenza que obriga á universidade a restituír a parte devengada da extra de decembro de 2012.
 
O que suceda a partir de agora será culpa exclusivamente do sr. reitor.

 
O PAS laboral reclamou a devolución do recortado no ano 2012 mediante a interposición dun Conflito Colectivo que, gañado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (parcialmente, pois como ven sendo habitual nas sentenzas só se recoñece a devolución da parte devengada), recorreuse pola UDC. Estamos agora á espera do ditame do Tribunal Supremo.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript