Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Comisión de Asuntos Económicos

O pasado día 21 realizouse unha nova reunión da Comisión de Asuntos Económicos da que vos facemos un breve resumo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Informe da Vicerreitora:
 
Entre outras cousas a vicerreitora informa de que, debido ao crecemento vexetativo e cotizacións á Seguridade Social medran as obrigas no Capítulo I nuns 500.000€. Sinala, tamén que no Capítulo II,  baixan as obrigas, nuns 500.000€.
 
Informa, tamén, que se fixo unha reclamación á Xunta, previo acudir ao Contencioso-Administrativo,  de reintegración duns 2.800.000€ no financiamento da parte fixa ao non se axustar, o reparto realizado no ano 2013, aos criterios  establecidos para o ano 2011, tal e como se marca no propio Plan de Financiamento.
 
Infórmase de que as UADI’s solicitaron unha prórroga até o día 31 para revisar os procedementos dos que vos informamos noutro PASquín e que están á vosa disposición na páxina web da Xunta de Persoal.
 
A preguntas de Anxo Calvo sinalóuselle por parte do Vicerreitor de Títulos, da Vicerreitora de AAEE e do xerente que a parte administrativa das convocatorias de Mestrados (recollida, comprobación, gardar a documentación…) é responsabilidade das Administracións.
 
Xosé Portela informa que as traballadoras de LINORSA seguen con problemas á hora de cobrar os salarios, concretamente ese mesmo día coñeceuse que as traballadoras só cobraran unha pequena parte do salario de setembro.
 
O xerente respondeu que ese mesmo día estiveran tratando ese asunto e que se acordara dar un ultimato á empresa que, neste momento, está en prórroga de contrato.
 
Xosé Portela sinala o seu desacordo coa práctica da universidade de cubrir postos de traballo con traballador@s en réxime de “colaboración social” e pregunta quen se ocupa de realizar a compensación económica, de ser necesaria, entre o que a traballadora cobra por desemprego e a base reguladora.
 
O xerente resposta que é o Ministerio.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript