Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Imos a pique
Por un lado Feijoo reduce drasticamente o orzamento destinado ás universidades, por outro lado as universidades xestionan coma sempre. Teño varias posibilidades que se poderían introducir para procurar un aforro importante e destinar o diñeiro para o verdadeiramente esencial. Sería importante, ao meu humilde entender que se crease un centro de compras no que se mercasen desde o papel, bolígrafos… até material informático, ordenadores, impresoras… O feito de mercar deste xeito permitiría negociar con proveedores en mellores condicións e controlaría as compras desorbitadas que se ven nomeadamente en decembro. De non optar por modelos de xestión deste tipo imos a pique ou ben, os cartos, sacaranse dos petos do PAS.

 

Refraneiro
Lembro, cando penso na actitude do sr, reitor 2 refráns que lle veñen ao pelo. “fai o que eu diga non o que eu fago” e “unha cousa é predicar e outra dar trigo”. Escoitando falar ao sr. Armesto parece un tipo de esquerdas que sabe de onde parten os problemas e o que habería que facer para solucionalos. Outra cousa son as súas accións. Recorta a acción social, contribúe á precarización laboral mediante o emprego de traballadores sen dereitos… é fácil ser como o sr. reitor porque “falar non ten cancelas”

Casta
Fálase moito, nesta época, de privilexios e de castas, na nosa universidade, no noso microcosmos temos un claro exemplo, cargos docentes ao chou, adxuntos, fontaneiros…, para uns non hai que recorrer ao dito tan recorrido da eficiencia, eficacia… Meilán encargouse de instalar o pesebrismo, á maseira acudiu Barja e agora tócalle a Armesto dar de comer aos correlixionarios que non revolucionarios, faltaría máis, hai que empoleirarse no poder.

A credibilidade do reitor
Crer na palabra do reitor é un acto de fe,  hai quen é proclive a dar pábulo ás súas afirmacións, eu son un incrédulo por natureza e, neste caso o que está a pasar dáme a razón.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript