Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Manifestación contra os Reis en Oviedo (VIDEO). O goberno quere impedir o exercicio das liberdades democráticas

As Marchas da Dignidade denuncian que o goberno obstaculiza unha protesta legal e pacifica coa retención dun autobús que partiu de Galicia con destino a concentración de Somos Reales en Oviedo.

 

  • Noticias relacionadas

Oviedo, 24 de outubro. Sobre as 10:00 horas a policía retivo en Matogrande na Coruña ao autobús que dende Galicia se dirixía a apoiar a protesta legal e pacifica de Somos Reales en Oviedo, o autobús que partiu dende Vigo sobre as 7:00 horas e que tivo paradas en Pontevedra, Santiago, Ferrol e Coruña recollendo a compoñentes da columna que dende Galicia se incorpora na protesta contra os premios Príncipe de Asturias onde se concentran os que mandan neste estado facendo sufrir á poboación coas súas políticas de recortes de dereitos. O autobús estivo preto de dúas horas retido proseguindo a marcha tras a identificación un a un de todos @s pasaxeir@s.



Dende as Marchas condénase esta actitude provocativa e obstrucionista do exercicio dos dereitos de libre circulación e de expresión por parte do goberno e da policía, con este feito intentan que a protesta non teña o éxito que xa ten e que se demostrou na asistencia de centos de persoas ao foro social celebrado onte no campus da Universidad de el Milán en Oviedo e coas miles que se deron cita no polideportivo Corredoria Arena.

Dende as Marchas de Dignidade alertan que a policía e o goberno ademais de restrinxir os dereitos dos cidadáns e manter un estado policial queren "rebentar" a protesta d@s que están a ser empobrecidos polo sistema bipartidista monárquico, con actuacións violentas e represivas á marxe da legalidade e da constitución.



 


 


 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript