Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA PARA 2015
 

Máis recortes

O pasado día 16 a representación d@s traballador@s e da Xunta estiveron moi ocupadas, a unha reunión “express” na que a representación da Xunta anunciou a finalización das negociacións sobre o anteproxecto de Lei de Emprego Público, seguiu outra xuntanza na que, entre outras cousas se lles anunciou que o vindeiro ano, os orzamentos, contemplarán de novo, o recorte nas pagas extra durante o ano 2015.

 

  • Noticias relacionadas

 

No referente á Lei do Emprego Público de Galicia a Xunta impuxo todos os seus criterios.
 
No que atinxe aos orzamentos, en resumo a representación da Xunta de Galicia  limitouse a comunicarlle @s representantes d@s traballador@s que no referente ao Capítulo I do anteproxecto de orzamentos do ano 2015 o PP seguirá a aplicar recortes radicais:
 

  • Non se restituirá, nin tan sequera a totalidade da parte devengada da extra de 2012 (contémplase só a devolución do 50%, incumprindo incluso as sentenzas xudiciais). Polo tanto da restitución da paga extra completa xa nin falar.

  • Non se recuperará, tampouco, o recortado no 2013 e 2014.

  • Anuncia que o recorte imposto en anos anteriores continuará no 2015, recortándose, unha vez máis, no específico ou cantidade equivalente.

  • A taxa de reposición seguirá a ser cero, salvo en determinados postos que pasará ao 50%.
     

@s traballador@s da Administración Pública de Galicia levamos 6 anos de sucesivos recortes nos que, de xeito paulatino fóronnos arrebatando dereitos económicos, laborais e sociais. Está claro que non fomos capaces de reaccionar coa forza que a situación requiría, o traballo e a mobilización que non se realizaron con anterioridade é imprescindible realizalo agora. A situación agrávase, tanto para @s traballador@s como para os servizos públicos. Se non nos mobilizamos coa contundencia que a situación require seremos, tamén, culpables do que suceda. Nas nosas mans está reverter a situación. Ánimo.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript