Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  USC - MOBILIZACIÓN
 

Fóra Feijoo da USC

A situación terminal das universidades galegas en xeral e, máis particularmente, da Universidade de Compostela, provoca a resposta cada día máis radical da comunidade universitaria, o día 23 de outubro, Feijoo viviu en propia carne a resposta ás súas políticas de recorte.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ao berro de Fora Feijoo da USC aproximadamente un centenar de alumn@s impedíronlle participar dun deses actos dos que tanto gusta, as inauguracións, neste caso da Conferencia de Decanos de Matemáticas que se realizou estes días na Facultade de Matemáticas da USC.
 
Outro que tamén optou pola fuxida foi o conselleiro de educación Xesús Vázquez que, como fixo Feijoo decidiu non asistir ao evento. @s concentrad@s berraron entre outras consignas: ‘Fora fascistas da USC’ y ‘Feijoo escoita, o ensino está de loita’.
 
Posteriormente @s alumn@s, que tamén tomaron o salón de actos, leron un manifesto en oposición tanto á LOMCE como aos recortes na universidade. Pola súa parte, o novo reitor da USC lamentou os incidentes que lle desluciron o acto.
 
Comprendemos o rexeitamento da presenza de tales individuos na universidade, na UDC tampouco os queremos, son a man executora das directrices que marcan o camiño a seguir para acabar con todos os servizos públicos e, nomeadamente coa universidade pública.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript