Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 247 - 27/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

Absoltos os seis detidos por resistencia no desafiuzamento de Elisabeth Sanlés

Seis persoas que foran detidas por intentar evitar o desafiuzamento dunha nai de tres fillos enferma na Coruña o pasado 27 de novembro de 2013 quedaron absolvidos sen que se chegase a celebrar o xuízo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Un centenar de persoas concentráronse ante os xulgados para mostrar o seu apoio aos seis detidos que estaban acusados de desobediencia cando querían evitar o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés no barrio do Castrillón.
 
O voceiro de Stop Desafiuzamentos Héctor Tejón explicou que "o xuízo non se chegou" a "celebrar" porque non se encontrou "ningunha actitude punible" porque os seis optaron "pola resistencia pasiva e unha actitude pacífica".
 
O presunto delito que se lles imputaba puido prescribir e ao non haber indicios de comportamentos sancionables non se aplicou ningunha sanción contra ningún dos seis procesados.
 
Tejón fai un "balance positivo" desta noticia que demostra que os seis foron "apresados e detido irregularmente" nunha xornada na que houbo "un despregamento policial incrible, que demostra que para iso non hai recortes".
 
Queda claro que somos nós, os que buscamos unha xustiza real, os que nos sentamos no banco dos acusados. Demostrouse que non había nada sancionable aínda que aquel día montaron alí todo un espectáculo", continúa.
 
O desafiuzamento produciuse o pasado 27 de novembro de 2013 cando a muller, nai de tres fillos e cunha enfermidade crónica, se encontraba na súa casa acompañada só polos activistas tras un importante despregamento policial en torno á vivenda dende primeira hora da mañá.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript