Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O reitor non cumpre os compromisos electorais
No proceso electoral a reitor a Xunta de Persoal e Comité de Empresa presentaron aos candidatos un cuestionario ao que responderon, sempre claro coa finalidade de incidir no voto do PAS. Tomeime a molestia de revisar as respostas de Xosé Luís Armesto.
Pregunta 9. En cuestións como a contratación do persoal a través das listaxes de agarda, ou a concesión de comisións de servizos, optaría por un sistema discrecional ou regulamentado?
Candidato: Sempre optei por sistemas regulamentados. De feito nos últimos 8 anos aprobáronse todas as normas das que se dotou a UDC ao respecto. No entanto, se for conveniente introducir modificacións nas normas vixentes, faranse logo da súa negociación.
Está claro que o reitor non cumpre o comprometido.

 

A incompetencia institucional pagarémola o PAS
As universidades de Vigo e Coruña naceron o mesmo día, partindo duns orzamentos moi semellantes, non obstante, a súa situación actual é ben diferente, abonda ver os rankings, Campus de Excelencia etc. Hoxe compítese na práctica totalidade dos capítulos que outorgan un mellor financiamento. Non hai cor. A incompetencia institucional pagarémola o PAS con máis precariedade, a proba o que pasou no LERD.

Ollo
Ollo, o reitor acaba de descubrir un filón no INEM, traballadores que se pagan o seu salario co que previamente cotizaron, gratis total para a universidade, agora que se aproxima a negociación da RPT, pasaranos a todos a esta modalidade laboral?

Reitor “casta”
O reitor, como todos os da “casta” adapta a súa ideoloxía ao que convén para manter o estatus dos que verdadeiramente representa. A situación económica non é boa, hai que "racionalizar" o gasto, neste contexto non vai reducir cargos docentes ou eliminar os fontaneiros para contratar traballadores a través das listas de agarda.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript