Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL - Gumersindo Lafuente
 

Vergoña cotiá no valo de Melilla

Simplemente inadmisible. Sinxelamente vergonzoso. Non hai que usar grandes palabras nin tirar da retórica ou a demagoxia para cualificar o acontecido o pasado mércores no valo de Melilla.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nun vídeo facilitado por Prodein, unha ONG local, vemos como membros da Garda Civil acosan e mallan unha persoa, espósana xa inconsciente, arrástrana, e ao final, incumprindo a Lei de Estranxeiría, o convenio bilateral con Marrocos e o seu propio protocolo operativo, devólvena ao outro lado da fronteira.
 
Se isto sucede a plena luz do día, nun lugar no que os axentes saben que están a ser vixiados polos defensores dos dereitos humanos, non quero imaxinar o que podería estar a suceder noutros escenarios máis discretos.
 
España, da man do goberno do PP, converteuse nun país que trata con luva de seda os delincuentes de colo branco. Que mesmo tivo un ministro de xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, que coa súa torpeza lexislativa propiciou a fuxida de traficantes internacionais. Que se dedica a criminalizar as manifestacións de colectivos afectados pola crise e que permite que funcionarios pagados co diñeiro de todos mallen persoas e incumpran a lei.
 
Non vou dicir que non quero vivir neste país, non me penso baixar deste tren en marcha. O que si digo é que me avergoño de ter uns responsables políticos que permiten isto e, tamén, uns funcionarios que fan o seu traballo dun xeito tan inhumano, violento e chafalleiro.
 
E non podemos conformarnos. Por moi cotiá que sexa esta realidade hai que esixir responsabilidades e actuacións acordes coa lei e os dereitos humanos.
 
VÍDEOS | A Guarda Civil deixa inconsciente a paus a un inmigrante e devólveo atado de pés e mans
 
Noticias de última hora sinalan que Dani, o mozo mallado no valo de Melilla perdeu un ril e ten medio corpo paralizado, segundo Prodein

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript