Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

Concentracións nas delegacións do IGVS por unha vivenda digna

O venres, día 17, STOP Desafiuzamentos realizou concentracións diante das delegacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), na práctica totalidade de cidades de Galicia coa finalidade de reivindicar o dereito a unha vivenda digna.

 

  • Noticias relacionadas

Vivimos unha emerxencia social e habitacional . Feijóo prometeu en decembro de 2012 que habería 500 vivendas para persoas desafiuzadas. Non tiña que prometer nada. Abondaba que a Xunta cumprise coa súa obriga.
 
Temos una compañeira que solicitou unha vivenda polo procedimento de adxudicación directa, regulado no decreto 253/2007, para os casos en que exista "necesidade urxente de vivenda". Ten fibromialxia, coida as 24 horas de súa nai, que sofre una minusvalía do 65% e ten dependencia en grado 3. Ambalas dúas sobreviven cunha pensión de 365 euros. Teñen unha sentencia firme de desafiuzamento.
 
O IGVS denegoulle a vivenda cunha resposta-tipo, a mesma que lle deron a Elisabeth hai un ano.
 
Si ademáis o IGVS dille á nosa compañeira que hai 5.000 persoas que están igual, é responsabilidade do IGVS e da Xunta de Galicia explicar en que se basean para facer estas afirmacións.
 
A ruindade da Xunta é evidente. Aproveitando a sensibilidade social cos desafiuzamentos, o Presidente da Xunta en persoa, Alberto Núñez Feijóo, anunciou 500 vivendas en decembro de 2012.
Na letra pequena, estas vivendas quedaron só para desafiuzamentos de hipoteca, porque era a palabra que máis soaba, dabondo para unha campaña publicitaria.
 
Mentres tanto, pechou o programa ALUGA. Aínda máis grave, pechou na práctica, incumprindo a legalidade, o procedimento de adxudicación directa de vivenda para situacións de necesidade urxente, mesmo en casos de violencia de xénero.
 
En realidade a Xunta non aportou máis recursos, senón que os recortou brutalmente. Agora o IGVS presume de 37 adxudicacións desde o ano 2012. E divírtese falando de procedimentos e requisitos que xa demostrou que non significan nada.
 
A resposta que lle deron á nosa compañeira é tan infame que o IGVS tería que terse desmentido a sí mesmo e rectificar no canto de andar facendo trucos coa linguaxe para ocultar que está denegando a vivenda a persoas que viven situacións desesperadas.
 
A mesma situación é denunciada por Stop Desafiuzamentos de Ourense, Compostela e Vigo, e por asociacións de mulleres de Vigo. E o caso de Aríns é un caso de desafiuzamento hipotecario.
 
Todo isto sucede cando o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa dixo en varias ocasións que as administracións teñen a obriga de garantir o realoxo de todas as persoas desafiuzadas. A lei de 1988 creadora do IGVS di no seu artículo 3 que o instituto nace para garantir o dereito á vivenda digna do artículo 47 da constitución, especialmente para as persoas e colectivos máis vulnerables. Desde aquela o artículo 47 desapareceu, deixando só as letras. O IGVS é un simple labirinto burocrático. A lección do artículo 47 é que só existen os dereitos si loitamos por eles.
 
Nin casas sen xente nin xente sen casa!
 
Podedes ler o noso comunicado do día 17:
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/2014/10/denunciamos-negativa-do-igvs.html
Lede aquí a resposta do IGVS:
http://igvs.xunta.es/web/comunicacion/detallenova?content=%2FPortalVivenda%2FSalaComunicacion%2FNovas%2Fnoticia_0511.html
 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript