Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  PAS LABORAL UVIGO
 

Vista do Conflito Colectivo polos recortes salariais de 2013

O pasado día 16 na Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia realizouse a vista do Conflito Colectivo que os traballadores (PAS laboral) da Universidade de Vigo interpuxeron contra o recorte salarial imposto con efecto retroactivo no ano 2013.

 

  • Noticias relacionadas

O representante legal da Universidade de Vigo insistiu no que xa ven sendo a xustificación habitual nestes procedementos:
 

  • O diñeiro das nóminas procede da Xunta de Galicia, polo tanto entende que non é contra a universidade contra quen hai que litigar
  • A universidade limítase a cumprir estritamente o que a lei determina, detraendo do salario, en cómputo anual, a parte do salario que nela se sinala.

 
Os representantes d@s traballador@s, pola súa parte, tamén responderon dun xeito semellante a demandas anteriores:
 

  • Por moito que a universidade reciba diñeiro da Xunta, @s traballador@s teñen relación laboral coa UVigo polo tanto é obrigado entaboar a demanda contra a Universidade sendo esta quen, en todo caso, debe reclamar, polas vías que considere oportunas, o financiamento necesario para facer fronte á devolución do recortado.
 
Visto para sentenza. Non dubidamos que será no mesmo sentido que as anteriores.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript