Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO
 

Un novo ataque aos servizos públicos

O Anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado non só non contempla a obrigatoriedade de que as administracións restitúan a mísera parte devengada da extra de 2012, tamén son un paso mais no proxecto que ten o PP de acabar cos servizos públicos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo o que se desprende do proxecto os servizos públicos seguirán a ser de onde o goberno siga a recortar diñeiro para levar a efecto o proxecto político privatizador deseñado polo poder económico e, por outro lado, pagar os intereses e enxugar a cuantiosa débeda, orixinada pola transformación da débeda privada en débeda pública.
 
Á descapitalización paulatina dos servizos públicos únese a taxa de reposición de efectivos, que o goberno pretende incrementar miserablemente en certos colectivos pero seguirá sendo nula en case toda a administración pública.
 
O contemplado no proxecto de orzamentos é un cóctel co que o goberno pretende seguir estrullando os servizos públicos inutilizándoos coa finalidade de engordar o negocio privado.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript