Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

NON á escravitude na UDC

O pasado luns realizouse a reunión da Xerencia cos representantes de APA, CCOO e CIG para tratar a incorporación de catro persoas na unidade de bolsas, como xa vos informamos dúas delas en réxime de “colaboración social” e as outras dúas contratadas a través da ETT TRAGSA.

 

  • Noticias relacionadas

Na reunión o xerente xustificou estas incorporacións nas restricións orzamentarias que ven sufrindo a universidade,  comprometeuse a revisar a posibilidade de que as incorporacións non se levasen a efecto e sinalou que estudaría a posibilidade de cubrir o posto vacante nese servizo para o ano próximo.
 
Cando o xerente recibiu á representación do PAS a decisión xa estaba tomada, e as traballadoras incorporáronse, como estaba previsto o día 15 no LERD.
 
As traballadoras contratadas a través da ETT TRAGSA terán unha xornada laboral de 25 horas semanais polas que cobrarán 600€ brutos ao mes.
 

 
Traballadoras en réxime de “colaboración social”

O xerente entregou á representación do PAS o “Programa de apoyo a las unidades de gestión de becas. Instrucciones para la tramitación de la colaboración social La Coruña” ao que se acolleu a universidade.
 
As traballadoras que se incorporaron á unidade de bolsas ao abeiro deste programa son persoas paradas  ás que non se lles da de alta na Seguridade Social, consumen a súa prestación por desemprego e non teñen dereitos laborais.
 

 
Das compoñentes éticas xa falamos nun artigo do PASquín anterior. Ímonos referir agora á transcendencia legal que a decisión tomada por Armesto ten aparellada.
 
Recentemente o Tribunal Supremo veu a determinar que as administracións, en casos como este, teñen que acreditar o carácter temporal da actividade e, o máis importante, que non pode tratarse dunha tarefa habitual ou cotiá da Administración.
 
A posición do tribunal contémplanse en varias sentenzas, a última delas dun traballador do Concello de Leganés que, realizando tarefas de técnico informático en réxime de colaboración social  declara o despido improcedente, establece unha relación laboral co concello e obriga ao Concello de Leganés a indemnizalo.
 
As traballadoras en desemprego obrigadas a facer traballos de colaboración social na UDC, como se sinala no Programa susbscrito por Armesto, realizarán tarefas habituais do servizo:
 
"
Tareas a desarrollar:
 
Teniendo en cuenta que las unidades de trámite disponen de personal propio al que corresponden las funciones de supervisión de las tareas, así como la realización de las principales actividades de comprobación del cumplimiento de los requisitos generales y académicos que tienen encomendadas, las tareas a desempeñar por el personal colaborador serán, en líneas generales, las siguientes:
 
 

a)    Apoyo al personal propio de la Unidad en las tareas de control anteriormente mencionadas.

b)    Realización de tareas administrativas que implica la tramitación de las becas (petición de datos, notificación, recepción de documentación o archivo).

c)    En su caso, petición y comprobación de la remisión de los datos académicos de los solicitantes de beca exigidos por la convocatoria.

d)    Grabación de datos."

 
É máis, substitúen coa súa presenza un posto de traballo contemplado na RPT.

 
Situacións como esta xa se viviron con anterioridade nesta universidade, obrigando, nun dos últimos Consellos de Goberno á realización de modificacións orzamentarias para afrontar o pagamento de importantes indemnizacións das que, ao remate, ninguén é responsable.
 
Como significamos, o sr. reitor con esta actuación sitúase no mesmo extremo que o PP, ao non lle importar machicar a parte máis débil da cadea laboral coa única finalidade de cubrir uns servizos infradotados mentres se axeonlla aos pes do sr. Feijoo agardando que lle caia algunha migalla.
 
O sr. Armesto, ao que desacredita unha vez máis o seu comportamento. terá a culpa, tamén, das  repercusións legais. Poñémonos ao servizo das traballadoras escravizadas e subempregadas para reclamar os seus dereitos.
 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript