Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  LEI MORDAZA - NON SOMOS DELITO
 

Emenda total da cidadanía á Lei Mordaza

Madrid. - 16 de outubro de 2014. A Reforma da Lei de Seguridade Cidadá pasará hoxe a debate no Pleno do Congreso con todos os grupos da oposición en contra e dunha ampla maioría da cidadanía. De novo, o Partido Popular empéñase en sacar unha lei en solitario que supón un retroceso nos nosos dereitos fundamentais.

 

  • Noticias relacionadas

A Plataforma No Somos Delito, formada por máis de 70 colectivos de cidadáns, activistas e xuristas, realizou un acto no Congreso xunto a grupos políticos da oposición, para presentar unha emenda cidadá á totalidade da lei.
 
Dende No Somos Delito queremos manifestar publicamente o noso rexeitamento a unha lei que consideramos atenta gravemente contra o exercicio dos dereitos e liberdades civís dos cidadáns recoñecidos tanto na Constitución Española coma na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A partir de hoxe, este colectivo mantense en estado de alerta ante o avance desta lei e fai un chamamento á cidadanía para opoñerse á aprobación desta Reforma e pedir o goberno que a retire.
 

 
MANIFESTO
 
Estamos hoxe aquí para facer chegar a toda a cidadanía a voz das organizacións e movementos sociais. Unha voz que rexeita a reforma da Lei de Seguridade Cidadá que o Goberno quere aprobar e que se debaterá en poucos minutos, unha voz que esixe que esta Lei non vexa nunca a luz. Deste modo, dende a Plataforma No Somos Delito estamos presentando unha emenda cidadá á totalidade da Lei Mordaza.
 
Esta lei é un ataque directo e desproporcionado ao Estado Social e Democrático de Dereito recoñecido no Artigo primeiro da Constitución Española, que atenta aos piares básicos da nosa Democracia. O Goberno cala e silencia que o contido fundamental do articulado vai dirixido a obstaculizar e sancionar gravemente o dereito á liberdade de expresión e de reunión, posto que 27 de 58 infraccións están directamente relacionadas co dereito que temos os cidadáns e cidadás a expresar a nosa opinión e facer valer nosas ideas na rúa, ese espazo público que é de toda a cidadanía.
 
Este lei sanciona actuacións que son os alicerces mesmos da democracia, e o fai cunhas multas desorbitadas que chegan aos 600.000€. Introduce conceptos vagos e indeterminados para xustificar a actuación da policía, impide que se lles poida tomar imaxes mentres exercen o seu labor, permite crear rexistros de cidadáns e cidadás disidentes, permite as redadas policiais contra manifestantes...
 
Isto non é unha Lei para protexer a cidadanía. Esta é unha lei para protexer a un Goberno con claras tinguiduras autoritarias, como resposta ás reclamacións lexítimas dunha cidadanía cada vez máis empoderada. Sentimos seguridade cando temos acceso a dereitos fundamentais como o son unha vivenda digna, educación e sanidade pública para todas, salario digno, acceso á cultura... e nada diso se nos está a garantir, ao revés estásenos a quitar. Ese medo do Partido Popular á protesta é o motivo esta lei.
 
Temos un Goberno que cre nunha democracia con minúsculas, unha democracia que se exerce cada catro anos e que se demostra con rúas baleiras e televisións acendidas. Democracia é Protesta contra o que non se comparte, Democracia é poder Alzar a voz con liberdade, Democracia é Insolencia e Rebeldía ante leis inxustas que van en contra do Estado de Dereito.
 
Dende a Plataforma No Somos Delito, integrada por máis de 70 organizacións da sociedade civil concienciadas co futuro deste país, pedimos a todos os cidadáns e cidadás que levanten a súa voz contra esta lei, porque aquí non se dirime branco ou negro, unha idea ou outra, senón o noso mesmo dereito a decidir expresala.
 
Estamos aquí con algúns dos grupos políticos que se opoñen a esta lei. Pero non é suficiente. O Partido Popular coa súa maioría absoluta poderaa sacar adiante. Por iso, hoxe presentamos esta emenda cidadá á totalidade e facemos un chamamento á cidadanía en xeral para mobilizarse, todas xuntas.
 
Porque xuntas, podemos parala.
 
Porque mobilizarse serve.
 
Non á Lei Mordaza.
 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript