Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

A xunta pasa o rolo na “negociación” da Lei do Emprego Público

Xa vos anúnciamos en reiteradas ocasións que a Xunta asistía ás reunións que, en teoría servirían para negociar a Lei do Emprego Público, sen ningún ánimo de escoitar á representación d@s traballador@s.

 

  • Noticias relacionadas

Na semana pasada realizáronse dúas reunións da mesa negociadora nas que a Xunta mostrouse inflexible até o punto de que algún dos sindicatos presentes deu por finiquitada a súa presenza na pantomima.
 
A representación da Xunta rexeitou, por exemplo:
 

  • Suprimir o plus de altos cargos
  • O recoñecemento do dereito a vacacións retribuídas,dun mínimo, de vinte e dous días hábiles.
  • Que non sexan os xefes dos programas os que determinen o reparto das cantidades do complemento por desempeño.
  • Garantir o dereito á folga.
  • Etc. etc. etc.
 
Así as cousas a Xunta, na reunión do día 14 de outubro,  tamén deu por rematadas as reunións comprometéndose a remitir aos sindicatos unha última proposta antes de proceder á tramitación parlamentaria do Proxecto de Lei.
 
Entendemos que ás mesas de negociación hai que chegar fortalecid@s  facendo mobilizacións previas e durante o proceso negociador que fagan comprender ao interlocutor ou interlocutores o que lle agarda de non “negociar”. A presión é o único xeito de que os que nos gobernan nos teñan en consideración. Esta estratexia non se levou adiante neste proceso e, desgraciadamente sufrimos as carencias derivadas da falta de actitude reivindicativa.
 
Compre, agora, facer o que non se fixo con anterioridade e activar as mobilizacións do xeito máis unitario posible.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript