Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN
 

O FROB remite á Fiscalía 23 informes de operacións irregulares en Novacaixagalicia e Catalunya Banc

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) remitiu á Fiscalía un total de 23 informes con operacións irregulares detectadas na antiga Novacaixagalicia e en Catalunya Banc que suman un prexuízo económico de 1.500 millóns de euros. En concreto, os prexuízos económicos serían de 900 millóns de euros no caso de Catalunya Banc e de 600 millóns en Novacaixagalicia. A maioría das operacións sospeitosas realizáronse entre 2005 e 2008.

 

  • Noticias relacionadas

 

Trátase fundamentalmente de operacións de financiamento e refinanciamento para a adquisición de inmobles ou participacións en sociedades, refinanciamento para a adquisición de sociedades, renegociación de préstamos con reducións de garantías, operacións de cancelación de débedas, vendas de inmobles, e operacións de investimento.
 
"En xeral, operacións que deron lugar a importantes perdas para as entidades e representen indicios de irregularidade ou non respondan a unha finalidade económica lóxica", di o organismo.
 
Esta decisión chega despois do escándalo das tarxetas 'black' de Caixa Madrid: a Fiscalía Anticorrupción abriu hai unhas semanas unha investigación polo gasto de máis de 15 millóns de euros pola cúpula de Caja Madrid e Bankia a través de tarxetas en negro.
 
Polo momento, o FROB iniciou ou está comparecido en 19 causas penais nas que se analiza ou investiga presuntos delitos relacionados con operacións financeiras ou inmobiliarias de entidades con axudas públicas.
 
Información Sensible

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript