Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 246 - 20/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Colapso nas urxencias do CHUAC

@s traballador@s do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) denuncian que, pese á nova localización do servizo de urxencias non melloraron "nin as condicións de traballo nin as asistenciais". Segundo denuncian @s traballador@s o novo servizo non conseguiu mellorar nin as condicións de traballo nin as asistenciais polo que cualifican a inauguración da nova área como un auténtico bluf.

 

  • Noticias relacionadas

Denuncian que a ampliación das instalacións do servizo non levou aparellada a ampliación do persoal o que, xunto coas deficiencias estruturais da nova área provoca que @s profesionais desenvolvan as súas responsabilidades en condicións moi precarias.
 
En todas as quendas hai sobrecarga de traballo e, algunhas categorías profesionais están ao bordo do colapso físico. Nesta circunstancia e debido, entre outras cousas á mala organización faise habitual o colapso do servizo por saturación de enferm@s. Poñen como exemplo desta situcaión que é frecuente que haxa corenta doentes para unha auxiliar e dúas enfermeiras, situación insoportable tanto para @s enferm@s como para @s profesionais.
 
Son habituais, tamén, situacións como a do pasado martes día no que chegou a haber en observación de cama 63 pacientes, dos que vinte estaban en padiolas, mentres había outros trinta en observación que levaban vinte e catro horas esperando a ser ingresados, o que se produce polo baixo número de camas.
 
@s traballador@s de urxencias estudan a convocatoria dun paro para esixir que se dea solución ás deficiencias denunciadas e para reclamar unha plantilla acorde coas necesidades do servizo e da atención á que a cidadanía ten dereito.
 
Galicia perdeu 450 camas hospitalarias públicas dende a chegada de Feijóo

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript