Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN - "TARXETAS NEGRAS" DE CAIXA MADRID
 

Luxo e dispendio a conta dos cidadáns

A vida era unha festa para a maioría dos conselleiros e directivos de Caixa Madrid e Bankia con tarxetas negras á súa disposición. En plena crise financeira e económica, o expresidente da entidade, Miguel Blesa, gozaba de estupendas viaxes, safaris e cazarías con cargo á tarxeta black da entidade.

 

  • Noticias relacionadas

O seu sucesor, Rodrigo Rato, non escatimaba en restaurantes de luxo, hoteis, discotescas. En bebidas alcohólicas gastouse 3.547 euros dunha tacada e en discotecas e salas de festa ten anotados 2.000 euros. Coa tarxeta negra enviaba rosas, pagaba ao perruqueiro, regalábase viaxes, hoteis e balnearios. Tamén concertos no Tetaro Real. No ano e medio que estivo á fronte da entidade (decembro de 2010 a xuño de 2012), Rato fixo cargos por valor de 54.837 euros en negro. En maio de 2012 sacou do caixeiro mil euros en días sucsivos. Tanto el coma Blesa e que fose secretario xeral da entidade, Ildefonso Sánchez Barcoj, terán que explicarse ante o xuíz a próxima semana.
 
O primeiro que chama a atención dos listados do gasto que os 86 conselleiros e directivos de Caixa Madrid cargaban ás tarxetas en negro das que foron dotados por Blesa en 2003 é que a crise financeira e económica de 2008 non lles afectou. Se os primeiros pesebristas, tales como o xornalista e concelleiro do PP Ignacio del Río, a utilizaban para frecuentar restaurantes de luxo, pagar hoteis e viaxes de pracer en 2003 e 2004 -o mencionado personaxe gastou 21.029 euros-, ou o que foi alcalde de Alcobendas polo PSOE, José Caballero, xa incluía en 2003 a compra con cargo á tarxeta -gastou 19.790 euros-, os seus sucesores fixeron o propio e engadiron toda clase de gastos en luxos e cuchipandas sen reparar na crecente situación de desemprego e estreiteza dos asalariados baixos e medios.
 
Da análise do gasto opaco para Facenda, que coñecía ben a situación, tendo en conta que o enxeñeiro e autor das normas fiscais que facilitaban o coadoiro foi Estanislao Rodríguez Ponga, fillo dun síndico franquista da Bolsa de Madrid e secretario de Estado de Facenda con Rodrigo Rato e Cristóbal Montoro (lucrouse con 255.400 euros da tarxeta negra en Caixa Madrid), tamén se desprende a lectura de que mentres a maioría dos representantes dos sindicatos UGT e CCOO se gastaban a pasta en restaurantes de luxo e compras nos supermercados, os de dereitas, que eran maioría, engadían gustos máis sofisticados como as xoias, os ramos de rosas, as pezas de Loewe e os clubs de golf.
 
Mentres dende a dirección da entidade enganaban e estafaban aos aforradores coa colocación das participacións preferentes -un produto financeiro que o propio Luis de Guindos contribuíu a introducir como directivo de Lhemam Brothers-, os conselleiros e membros da comisión de control preocupábanse de que o marisco fose fresco en La Trainera, Sanxenxo e outros restaurantes capitalinos. Sen reparar no aumento dos desafiuzamentos das familias que non podían facer fronte ás súas hipotecas, gastaban en hoteis de luxo e realizaban viaxes intercontinentais ou se desprazaban a esquiar aos clubs alpinos que máis lles gustaban.
 
Só en moi contados casos figuran libros nos cargos ás tarxetas negras. O máis relevante corresponde a Ignacio Varela, un asesor de La Moncloa na época de José Luis Rodríguez Zapatero de xefe de goberno. Este personaxe gastou 35.722 euros como conselleiro en 2005 e 2006 -antes de recalar en Moncloa- e as librarías, hoteis e aluguer de coches eran as súas principais imputacións. Despois pasou a prestar servizos como asesor intelectual de Alfredo Pérez Rubalcaba e Elena Valenciano na sede socialista de Ferraz.
 
A consulta dos listados en mans do xuíz permite realizar outras lecturas sobre as afeccións e excesos dos concernidos. Con independencia da súa cor política, eses parasitarios da entidade rescatada co diñeiro de todos os españois, significáronse pola absoluta falta de decencia, honradez e sensibilidade social. O cal non quere dicir que moitos xornalistas se deixasen invitar a xantar sen saber, nin moito menos, que a xenerosidade non era tal e o dispendioso disparaba con pólvora do rei, é dicir, con cargo ao común.
 
Cuartopoder
 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript