Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ASOCIACIÓN GALEGA PARA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Simitudes Ebola Prestige. O Ebola Cheira a Prestige: Espallando risco

Unha serie de similitudes fan que a traxedia da epidemia do virus Ebola póidase comparar coa catástrofe ecolóxica polo afundimento do petroleiro Prestige:

 

  • Noticias relacionadas

1.- Os protagonistas: O actual presidente do Goberno era no ano 2002 vicepresidente responsable de coordinar a xestión da crise do Prestige.
 
2.- Os factores de risco causais dos desastres: A falta de controis, recursos e protocolos para controlar adecuadamente aos centos de petroleiros (moitos deles ferruxentos) que navegaban xunto á costa galega explican en gran parte esta catástrofe. Algo similar á decisión de trasladar a un enfermo afectado polo Ebola desde África sen contar cos recursos e protocolos para tratalo adecuadamente e sen riscos, ao haberse pechado o único Hospital de referencia para Enfermidades Infecciosas do país (Carlos III) para aforrar gasto.
 
3.- A diseminación do problema por culpa da incapacidade dos administradores e políticos: Obrigouse ao petroleiro a afastarse da costa e percorrer miles de millas mariñas esparexendo a súa carga de petróleo, mentres que no caso do Ebola non se formou nin informou adecuadamente ao persoal sanitario, nin se lle someteu aos controis pertinentes. A auxiliar de enfermería afectada marchou de vacacións e estivo seis días con febre sen estar sometida a control, foi por propia iniciativa que acudiu a un servizo de urxencias convencional, o que facilitou a diseminación do virus entre familiares, amigos ou contactos esporádicos.
 
4.- A ideoloxía política dos gobernos: En ambos casos os gobernos presididos por militantes do Partido Popular (Jose Maria Aznar e Mariano Rajoy) tiñan e ten unha clara orientación neoliberal de beneficiar á multinacionais a costa de eliminar as regulacións gobernamentais que garanten a protección do medio ambiente e da cidadanía, recortando os recursos do sistema para reducir gasto público e beneficiar ao sector privado.
 
Parece que vai sendo hora que saian da esfera pública Rajoy e os dirixentes do seu partido como a Ministra de Sanidade Ana Mato (remedo do Enrique López Veiga entón . Conselleiro de Pesca da Xunta de Galicia e de Arsenio Fdez. de Mesa Delegado do Goberno en Galicia) pola súa incapacidade de xestionar administracións e recursos públicos.
 
Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública
 
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
7 de outubro de 2014 18:51

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/
 
Recollido de Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript