Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O reitor vai por libre
Segundo os comunicados, PASquíns…, o reitor e o xerente van por libre, cambian a RPT sen cambiala (moven á xente a vontade, o publicado no DOG é papel mollado) e, agora sabemos que contratan sen contratar e, en condicións inhumanas, a eles non lles importa. O importante é que se xestionen as bolsas, en que condicións se fai que máis lles dá. Os traballadores, para eles, somos como cromos que se cambian e colocan a vontade, o importante é a xestión, os números, as estatísticas. Isto no estamento docente sería impensable, no PAS posible agora e, se non facemos nada, mañá xeneralizarase. A escusa serve para agora e para máis tarde: a Xunta non dá fondos e o traballo hai que realizalo aínda que sexa en condicións indignas. Señor reitor, chegar a este razoamento significa deixar polo camiño moita bagaxe ideolóxica.

 

Xestionar pode facelo calquera.
Coa xestión poden favorecerse intereses duns ou doutros, a xestión préstase a este xogo,  Armesto xestiona a universidade favorecendo ao lado escuro, aos explotadores, ao sr. Feijoo ao que saca graciosamente as castañas do lume machicando a traballadoras sen dereitos. Armesto  privatiza do xeito máis miserable a universidade, por moito que diga que está pola universidade pública. Armesto  está nunha dicotomía, ou se planta e fai fronte a Feijoo ou se axeonlla converténdose no seu can, non o sei pero, ao mellor, rabo xa lle saíu.

Deslealdade
Non se pode ser boa persoa. A honestidade da que fan gala as persoas profesionais, cando acontece unha desgraza, e tratan de entender que puideron facer elas mal, como no caso do maquinista do Alvia ou o da enfermeira do ébola, contrasta coa deslealdade máis absoluta dos bastardos que primeiro che mandan á fronte a combater por eles, pero lonxe de ofrecerche unha trincheira por se algo sae mal, desenténdense. Aviso para navegantes: non hai que prestarse voluntario, non hai que colaborar con eles, son desleais, son hienas, son escoura.

Virus devastador
Este país ten un virus devastador estendido por todo o seu organismo e o responsable de atendernos só se preocupa de salvarse a si mesmo
O goberno (e todo o que colga detrás e aos lados del é unha parte, se non o todo, dese virus devastador.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript