Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

O Plan de Equilibrio Orzamentario

O rexeitamento ao Plan de Equilibrio Orzamentario presentado polo equipo de Goberno da USC e aprobado no último Consello Social, vai tomando forma nos colectivos que conforman a Comunidade Universitaria. Tanto a falta de concreción como os efectos claramente negativos da resolución tomada fan que comecen a visibilizarse as posicións contrarias á súa implantación.».

 

  • Noticias relacionadas

A crise económica pagada a custa dun regueiro de tallos na administración pública ten a súa concreción nas universidades públicas de Galicia en sucesivos recortes orzamentarios e nas taxas de reposición impostas que precarizan tanto a docencia como os servizos universitarios.
 
É imprescindible, nesta situación, obrigar ao poder político a que asegure o orzamento necesario para o desenvolvemento en condicións óptimas das tarefas encomendadas ás universidades públicas. Como xa sinalamos noutro artigo a Xunta xa tomou partido, e non entra dentro das súas previsións o dotar ás universidades públicas do orzamento imprescindible, prefire que compitan polas migallas.
 
Xa anunciamos, cando soubemos o acordo do Consello Social, a nosa solidariedade c@s traballador@s da USC. Reafirmamos, unha vez máis, ese compromiso. A política de afogamento ás universidades públicas,  practicada polo goberno do PP na Xunta aféctanos a tod@s, a resposta debe ser, polo tanto conxunta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript