Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Anteproxecto de Lei de Emprego Público, un paripé negociador

Como vos sinalamos no pasquín anterior a negociación da Lei de Emprego Público non é máis que un paripé, así o recoñece, polo menos, parte dos sindicatos presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as.

 

  • Noticias relacionadas

O feito de que os sucesivos borradores que presentados non contemple ningunha das alegacións sindicais demostra o “talante”co que a representación da Xunta (a conselleira de Facenda) acude ás reunións.
 
Na reunión mantida a pasada semana (o día 6 de outubro) a conselleira non concretou o orzamento necesario para o desenvolvemento da Lei e, preguntada pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios d@s traballador@s sinalou que a devolución da parte devengada da paga extra de 2012 realizarase en dúas anualidades (2015-2016).
 
O día 9 realizaron unha nova reunión na que se analizaron as alegacións presentadas polos sindicatos na que a administración só aceptou  suprimir a taxa de reposición cero, rexeitando todas as demais.
 
O luns, día 13, terán unha nova reunión.
 
O proxecto presentado é claramente prexudicial para @s traballador@s polo tanto non corresponde seguir o xogo ao que pretende levarnos a Xunta. @s traballador@s temos que demostrarlle mobilizándonos tanto á conselleira como ao sr. Feijoo que estamos fartos de que se nos recorten postos de traballo, dereitos e cartos en beneficio do negocio privado.
 
Non caben componendas nin medias tintas a actitude debe ser belixerante na restitución, cando menos, do que se nos roubou.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript