Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - DEBATE DO ESTADO DA NACIÓN
 

Plan de Financiamento das universidades públicas de Galicia

No debate sobre o Estado da Nación que se realizou a semana pasada no Parlamento de Galicia, Feijoo referiuse ao Plan de Financiamento anunciando que «reforzará o peso da parte variable».

 

  • Noticias relacionadas

O reparto do Plan de Financiamento actual 2011-2015 realízase a través dos seguintes fondos:
 

  • FINANCIAMENTO ESTRUTURAL que contempla os fondos destinados ao normal funcionamento das universidades.
  • FINANCIAMENTO POR RESULTADOS, que contempla os resultados dos contratos programa, por resultados da investigación e por transferencia tecnolóxica.
  • FINANCIAMENTO POR MELLORA DA CALIDADE, por mellora de aspectos formativos, investigadores e de adaptación das infraestruturas.
 
Das palabras de Feijoo despréndese que incrementará o financiamento da parte competitiva (as universidades, en función dos resultados competirán por un mellor financiamento), en detrimento do financiamento estrutural que xa sufriu unha redución drástica nos últimos anos e que provocou a precarización das tres universidades galegas.
 
Feijoo foi claro na súa intervención parlamentaria. Insistimos no xa expresado no Consello de Goberno onde sinalamos que para ter un financiamento suficiente
compre acadar unha posición unánime das tres universidades públicas o que reforzaría tanto as posibles accións conxuntas das tres Comunidades Universitarias como das propias universidades diante da Xunta

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript