Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 245 - 13/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O Goberno prevé ligar o salario dos funcionarios á produtividade

Antonio Beteta, Secretario de Estado de Administracións Públicas, comprométese a devolver completamente, e "en metálico", a paga extra que suprimiu aos empregados públicos en 2012, aínda que cando o permita o obxectivo de déficit.».

 

  • Noticias relacionadas

O secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, asegura nunha entrevista con EXPANSIÓN que os funcionarios gañarán poder adquisitivo en 2015, aínda que admite que se puxo fin ás subas salariais sobre a base da inflación. O encargado da función pública cre que o recorte de persoal no Estado xa rematou.
 
Beteta asegura que no Presuposto para 2015 vaise recoller unha Oferta de Emprego Público incrementada. Haberá maior oferta pública sobre todo nos altos corpos do Estado e nos servizos públicos esenciais. Ademais, vaise recuperar igualmente a cuarta parte da paga que se aprazou por razóns de política económica e, ao mesmo tempo, estase a avanzar en materias que teñen un impacto importante de saúde laboral, prevención de riscos laborais, igualdade de oportunidades...
 
O Secretario de Estado afirma que se farán avances na filosofía dunha retribución por obxectivos, na mobilidade funcionarial...
 
En canto á paga extra, Antonio Beteta di que se trata, neste momento, dunha acción política do Goberno de España que entende que, dada a situación económica, si que é posible pagar 45 días da paga extra que se suprimiu en 2012. Sobre a conxelación cre que todo o mundo é consciente de que non é igual o que non che incrementen as retribucións se hai inflación que se non a hai. Se non hai inflación hai perda de poder adquisitivo. En todo caso hai un mantemento. De feito, afirma que se producirá un incremento real despois de que se aboe a remuneración dos 45 días da paga extra e porque van ter menos retencións no IRPF e polo tanto máis capacidade de renda dispoñible.
 
Todos os traballadores públicos terán maior capacidade de gasto, máis retribución que virá dada por máis ingresos e por menos impostos que pagas. O Estado, afirma, non renunciou en absoluto a seguir pagando esa paga que no seu momento se atrasou conforme se vaia a consolidando a situación económica.
 
Hai que compasar o compromiso de devolución da paga co compromiso coas instancias europeas de cumprir co déficit.
 
Publicado ou 10/10/2014 en www.expansion.com

 
Unha vez máis o sr. Beteta tómanos por tont@s, esta vez pretende que a devolución dunha mísera parte do que nos roubaron (devolución que se realiza en resposta ás mobilizacións e obrigados polas sentenzas xudiciais) aparezan como incrementos no salario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript