Número 244- 06 de outubro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Resumo do Consello de Goberno do día 30 de setembro

    O día 30 de setembro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, o “prato forte” da orde do día correspondía ao punto 5. Presentación e informe das contas do exercicio 2013 da UDC. Intervimos na quenda aberta de intervencións para, unha vez máis aclarar o que entendemos é de interese para o colectivo.

UNIVERSIDADE

    O pasado día 2 de outubro, na reunión da Comisión de Formación o xerente isistiu na necesidade de tomar determinacións sobre o novo Plan de Formación presentado para informe dos órganos de representación xa fai tempo sen que a Xerencia teña ningunha novidade ao respecto..

UNIVERSIDADE

    Como sabedes os orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2013 publicáronse no DOG do 28 de febreiro de 2013, neles impoñíasenos un novo recorte salarial con efecto retroactivo. Como dixemos noutros PASquíns o feito de impoñer esa retroactividade é ilegal, pronunciándose os xulgados sistematicamente neste senso.

CUT

    Reunido en Compostela ó Secretariado Nacional da CUT. O máximo organismo de dirección do sindicato, acordou facer un chamamento a toda afiliación e todas as comarcas para impulsar o traballo de mobilización para o Ocupa o Obradoiro, do vindeiro 29 de novembro.

FERROLTERRA - STOP DESAFIUZAMENTOS

    O pasado 30 de Setembro, publicáronse os datos do segundo trimestre sobre execucións hipotecarias. As cifras publicadas polo INE confirman, unha vez máis, que as medidas tomadas polo PP non fan máis que agravar a situación de emerxencia habitacional e de vulneración de dereitos humanos en materia de vivenda en todo o territorio de Estado.

TRATADO DE LIBRE COMERCIO (TTIP)

    Dende mediados de 2013, a Unión Europea e os EE.UU. están a negociar o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP polas súas siglas en inglés) que pretende crear a maior zona de libre comercio do mundo.

• OPINIÓN . Olga Rodríguez

    Unha das características coas que nun futuro se poderá describir a época en que vivimos é a da santificación da legalidade para xustificar o inxustificable. En nome da lei tombáronse conquistas sociais en tan só 48 horas, cambiando para iso, precisamente, a lei. En nome da lei viólanse dereitos fundamentais: vivenda, condicións dignas de traballo, educación pública de calidade, políticas destinadas a fomentar a igualdade, etc.

    
  •   
 
 GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Os gobernos central e autonómico forzados polas mobilizacións e as sentenzas xudiciais que os obrigan á devolución da parte devengada da extra de 2012 propoñen a posibilidade, que non a garantía, do reintegro do correspondente aos 44 días ao PAS funcionario e o que corresponda, do roubado ao PAS laboral.
 GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Como vos informamos, en anteriores artigos do PASquín a Xunta tomou a decisión de sacar do caixón unha lei que, presentada para información urxente das centrais sindicais no mes de maio de 2013, aparcou até que o 19 de setembro de 2014, cando remitiu aos sindicatos un novo Proxecto de Lei, dándolles un prazo de alegacións até o 30 de setembro.
 EDUCACIÓN PÚBLICA
    A partida de 'Educación Compensatoria' practicamente desaparece nas contas do ministerio de Wert: pasa de 169 millóns a 5,2 millóns en apenas catro anos..
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    Alporiza sufrir unha mala lei e unha peor aplicación. Falamos da nova lei da RISGA. Malia que falan dela coma un recurso para facilitar a inclusión social das persoas e colectivos máis empobrecidos o que atopamos nela é unha DESFEITA.
 LINGUA - Pablo Vaamonde
    Semella que foi onte e xa van aló dez anos. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), no que tiven a honra de participar, foi aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004. É, con toda certeza, un dos feitos máis positivos dos sucesivos mandatos de Manuel Fraga ao frente da Xunta de Galicia.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      MARGALLO ADMITE A POSIBILIDADE DE SUSPENDER A AUTONOMÍA CATALÁ PARA EVITAR A CONSULTA

       
        RAJOY AMEAZA A MAS CON «GRAVES CONSECUENCIAS» POLA SÚA «VÍA ILEGAL»

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript