Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 244 - 06/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Conflito Colectivo polos recortes impostos no ano 2013

Como sabedes os orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2013 publicáronse no DOG do 28 de febreiro de 2013, neles impoñíasenos un novo recorte salarial con efecto retroactivo. Como dixemos noutros PASquíns o feito de impoñer esa retroactividade é ilegal, pronunciándose os xulgados sistematicamente neste senso.

 

O día 25 de setembro realizouse a vista no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do Conflito Colectivo interposto contra a Universidade da Coruña. Con anterioridade e, con idéntico fundamento, xa se realizara a vista contra a Universidade de Compostela da que xa temos a sentenza.
 
Na dita sentenza ditamínase:
 
“Que estimamos en parte la demanda de conflicto colectivo ,formulada por el SINDICATO NACIONAL DE COMISIONES OBRERAS DE GALICIA, a la que se adhirió el SINDICATO CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA, contra la UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, declarando el derecho de su personal laboral de Administración y Servicios a percibir las cantidades correspondientes a los servicios efectivamente prestados con carácter previo a la entrada en vigor de la Ley General de Presupuestos de la Comunidad Autónoma de Galicia (01/03/13), en proporción al importe que corresponda por el porcentaje reducido para cada trabajador afectado por el presente conflicto colectivo, durante el ano 2013 .
 
Notifiquese la presente sentencia a las partes.
 
MODO DE IMPUGNACIÓN: Se advierte a las partes que contra la presente resolucjón podrán interponer Recurso de Casación ante el Tribunal Supremo que deberá ser anunciado por comparecencia, o mediante escrito en la Oficina Judicial dentro de los cinco dias siguientes a la notificación de esta Sentencia, o por simple manifestación en el momento en que se le practique la notificación.”
 
Entendemos que a sentenza relativa ao Conflito Colectivo contra a Universidade da Coruña terá un fallo idéntico.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript