Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 244 - 06/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

As tarxetas “negras” de Caja Madrid, un síntoma
Martínez Pujalte dixit: "todo o mundo o sabía, o Banco de España e Facenda sabíano".
Se para xustificar un delito o voceiro de economía do PP tira por elevación, o nivel de corrupción é sistémico e xeneralizado non puntual como din.
Insubmisión fiscal xa! por parte de todos os cidadáns, non se pode manter nin un minuto máis este nivel de saqueo ás arcas publicas, recordemos que Bankia foi rescatada con moito diñeiro público.
Eleccións anticipadas xa! para rexenerar vía urnas o que os políticos tratan de ocultar, unha inmensa lameira de todo tipo de corrupción (subornos, trafico de influencias, fraude fiscal, malversación de fondos, etc,etc).
Os políticos, financeiros e empresarios (CASTA) fixéronse multimillonarios a custa do saqueo do diñeiro publico.

 

Rexeneración democrática
Para Pujol os culpables son os que o acusan. Blesa volverá dicir que estamos a manchar o seu nome e a súa boa reputación como lle dixo ao xuíz Silva. Volverase librar da xustiza?.
E o conselleiro do rei tamén implicado. Cantos motivos fan falta máis para demostrar que a monarquía parlamentaria foi unha grande estafa. Un novo proceso constituínte é necesario para rexenerar o país como din as organizacións e movementos cívicos. E canto antes.

Reincidente
Perdón por reincidir, pero esquecéuseme unha cuestión.
Fixo uso dalgunha destas tarxetas D.Pedro Sánchez, o agora secretario xeral do PSOE, no seu paso polo consello de administración de Caixa Madrid ou Bankia durante o mandato do corrompido Blesa?

Gobernan para mangantes e corruptos
Nin nos países máis corruptos hai tanta desvergonza, verdadeiramente lamentable, o triste é que os responsables non pagasen cunha boa tempada no cárcere, non sen antes devolver ata o ultimo céntimo. Isto sería posible se os nosos gobernantes gobernasen para os cidadáns e non para os mangantes e corruptos.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript