Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 244 - 06/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
 

A RISGA, ou como a "renda de inclusión" nos condena á exclusión social

Alporiza sufrir unha mala lei e unha peor aplicación. Falamos da nova lei da RISGA. Malia que falan dela coma un recurso para facilitar a inclusión social das persoas e colectivos máis empobrecidos o que atopamos nela é unha DESFEITA.

 

  • Noticias relacionadas

En Vigo a propia Xunta recoñece que non se concede unha nova RISGA ata que non teñan unha baixa. Deste xeito moreas de expedientes fican enriba das mesas agardando por unhas partidas moi limitadas e a todas luces insuficientes.
 
E todo isto provoca, como xa denunciamos en moitas ocasións: amplos prazos de resolución, máis burocracia, requisitos cada día máis rigorosos...
 
Se botamos unha ollada a toda Galiza, atopamos que na Coruña os problemas son aínda máis graves con expedientes sen resolver desde hai un ano, mentres que na delegación provincial de Lugo a tramitación vai algo máis fluída que no resto de provincias.

 
Por todo isto volvemos a dicir que fronte a unha RISGA subsidiaria e restritiva, familiar e condicionada, propoñemos a Renda Básica das iguais (RBis) que ten carácter universal, persoal e incondicional. A RBis é suficiente e digna; a RISGA, escasa e miserable. Finalmente, a RBis é un instrumento máis a prol da xustiza e redistribución da riqueza, mentres a RISGA supón un instrumento de fiscalización, exclusión e perpetuación da esmola asistencial.
 
Estamos cansas de políticas de miseria. Cansas da esmola como única resposta.
 
Queremos xustiza social, non caridade!
Renda Básica das iguais e moito máis!
Coia, outubro 2014
ODS-Coia e Parroquia Cristo da Vitoria

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript