Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 244 - 06/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Lei do Emprego Público de Galicia, a Xunta búrlase da representación d@s traballador@s

Como vos informamos, en anteriores artigos do PASquín a Xunta tomou a decisión de sacar do caixón unha lei que, presentada para información urxente das centrais sindicais no mes de maio de 2013, aparcou até que o 19 de setembro de 2014, cando remitiu aos sindicatos un novo Proxecto de Lei, dándolles un prazo de alegacións até o 30 de setembro.

 

  • Noticias relacionadas

A actuación da Xunta é unha boa demostración da consideración que lle merecemos tanto a representación sindical como @s traballador@s que formamos parte da Administración Autonómica.
 
Estamos fart@s de actitudes servís, @s traballador@s temos que impoñer que os temas que condicionan tanto o noso presente como o noso futuro sexan pactados. Que as mesas de negociación sexan realmente un marco onde as nosas posicións teñan peso, e non se utilicen como un mero trámite no proceso de imposición de condicións xa decididas antes incluso de comezar as “negociacións”
 
Esiximos ás organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos a representación do colectivo coa dignidade da que somos merecedor@s. Entendemos, polo tanto, que diante da pantomima negociadora, o colectivo debe actuar organizado  e mobilizado contra a prepotencia institucional.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript