Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 244 - 06/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisión de Formación e UADIs

O pasado día 2 de outubro, na reunión da Comisión de Formación o xerente isistiu na necesidade de tomar determinacións sobre o novo Plan de Formación presentado para informe dos órganos de representación xa fai tempo sen que a Xerencia teña ningunha novidade ao respecto.

 

  • Noticias relacionadas

A representación d@s traballador@s estableceu que como criterio de actuación correspondía a elaboración dun manual de funcións previo a calquera consideración posterior pois, entre outras cousas a formación debería estar vinculada, precisamente, ás funcións de cada praza.
 
Fundamentamos este posicionamento no incumprimento sistemático por parte da institución dos acordos asinados, poñendo como exemplo os compromisos adquiridos pola Universidade, na negociación da RPT, fai xa máis dun ano con respecto as UADIs e que aínda estamos á espera de que se cumpran.
 
O día 3 de outubro o xerente remitiu á Xunta de Persoal e aos compoñentes da Comisión de Formación un correo electrónico no que se transmitia a información necesaria sobre os procedementos que xestionan estas unidades, que agora deberán de ser revevisados para poder elaborar a redacción definitiva.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript