Outubro de 2014
 
 

NÚMERO 244 - 06/10/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 30 de setembro

O día 30 de setembro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, o “prato forte” da orde do día correspondía ao punto 5. Presentación e informe das contas do exercicio 2013 da UDC. Intervimos na quenda aberta de intervencións para, unha vez máis aclarar o que entendemos é de interese para o colectivo.

 

O xerente informa:
Que se vai proceder á publicación da instrución do cerramento do exercicio 2014.
Que o 13 de setembro interpúxose recurso contencioso administrativo contra a desestimación por parte da Xunta do requirimento previo presentado pola UDC para que a Administración autonómica lle reintegre a parte proporcional da paga extra de 2012 devengada por todo o persoal que se cuantifica en 1.010794,43€.
 
Como vos comentamos o punto máis sinalado da orde do día era o punto:
 
5. Presentación e informe das contas do exercicio 2013 da UDC.
 
Este punto aprobouse co único voto en contra do representante do PAS laboral por considerar que era o único xeito de manter a coherencia co voto en contra realizado no momento da aprobación dos orzamentos. Voto en contra realizado esencialmente pola drástica redución da partida de Acción Social. A propia institución recoñeceu o dano que esta redución producía @s traballador@s ao incrementar posteriormente,dun xeito importante, aínda que insuficiente, esta partida.
O PAS manifestou o seu desacordo coa redución e o copago da acción social, diante deste Consello de Goberno e no propio Claustro demostrando a importancia que para o colectivo ten esta partida orzamentaria.
Polo tanto anuncio o meu voto negativo á Liquidación.
 
11. Quenda aberta de intervencións.
 
Xosé Portela

·         En agosto, máis concretamente o día 18, unha vez que o Comité de Empresa tivo coñecemento da situación dos traballadores e traballadoras da empresa Linorsa, unha subcontrata para a limpeza  do CUR e o Edificio Xoana Capdevielle, requirimos á Universidade para que fixese as xestións necesarias para que a empresa cumprise coas súas obrigas a este respecto. Denunciamos, tamén que a situación dest@s traballador@s pasa por retrasos sistemáticos no cobro dos seus salarios. Instamos tamén á Institución a que, de non se levar a efecto, de xeito inmediato o pagamento dos salarios, rescatase a concesión.
Que xestións fixo a Universisdade ao respecto?. Sabe a Universidade se os traballadores e traballadoras cobran en tempo e forma os salarios?.
 

·         Parece que, unha vez que os xulgados ditaminaron a obrigatoriedade da devolución da parte devengada da paga extra de 2012. A Xunta de Galicia xa ten sentenzas firmes neste sentido, Feijoo procederá á cumprir, como se fose unha dádiva, as sentenzas neste sentido. Hai, neste caso, unha diferenza entre o persoal funcionario e o persoal laboral, o persoal funcionario corresponde ese 25% que se pensa reintegrar coa parte devengada, o persoal laboral, ao ter as pagas prorrateadas en cómputo anual a parte a devolver é moito maior.
Cómo se pensa abordar desde a Universidade esta situación?.
 

·         Entendo que, diante da nova negociación do Plan de Financiamento compre acadar unha posición unánime das tres universidades públicas o que reforzaría tanto as posibles accións conxuntas das tres Comunidades Universitarias como das propias universidades diante da Xunta.

 
Resposta do Xerente.

·         A Linorsa págaselle, a Universidade cumpre as obrigas coa empresa. Dirixíuselle un requirimento para que cumpra as obrigas coas traballadoras.

·         Unha vez coñecido o que establezan os Orzamentos Xerais do Estado como os da Xunta de Galicia, actuarase en consecuencia.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript