Número 243- 29 de setembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

RPT

    Comezou o traballo arredor da nova RPT, parécenos importante sinalar uns cantos aspectos que consideramos de importancia e que, ao noso entender, deberían contemplarse na proposta que a Xunta de Persoal debe trasladar tanto @s traballador@s como á Xerencia, unha vez aprobada polo colectivo.

UNIVERSIDADE

    O venres día 26 realizouse unha nova reunión da Comisión de Asuntos Económicos da que vos xuntamos a convocatoria e da que vos facemos un pequeno resumo do que consideramos máis importante..

UNIVERSIDADE

    O vindeiro martes, 30 de setembro realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, O máis importante do que sabemos se vai tratar, non temos a orde do día, será o informe sobre o peche do exercicio de 2013. Entre a información que se nos enviou non figura ningunha cuestión que nos afecte directamente. Como sempre aproveitaremos para plasmar diante do resto da representación da Comunidade Universitaria as cousas que, como colectivo, nos preocupan.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    Quixera que no meu país non houbese heroes, que ninguén sobresaíse entre a poboación polas súas fazañas ou virtudes, pois todos xa o estariamos a ser e fariamos o que deberiamos ser e facer. Famoso foi, por exemplo, fai ano e medio, un bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento dunha anciá da Coruña.

REDE GALEGA POLA DEFENSA DO DEREITO Á SAÚDE

    En Santiago de Compostela, este 24 de setembro de 2014, membros da Rede Galega pola Defensa do Dereito á Saúde, realizaron unha rolda de prensa, para pedir unha reforma fonda ou no caso contrario, retirada, do Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde no marco da xuntanza informal do Consello Interterritorial de Saúde.

FERROL-CONTRA O TRATADO DE LIBRE COMERCIO (TTIP)

    Convocatoria dunha xuntanza aberta e unitaria para o luns 29 de setembro, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán, co obxectivo de organizar a participación de Ferrolterra, o sábado 11 de outubro, na grande mobilización europea contra o 'Acordo Transatlántico' Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP) e outros tratados (CETA e TISA)* que só benefician ao 'DEUS MERCADO'.

• OPINIÓN . Juan Torres López

    Hai catro falsidades que se utilizan habitualmente para confundir a poboación respecto á débeda e para combater aos movementos e partidos progresistas.

    
  •   
 
 GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O Proxecto de Orzamento Xerais do Estado aprobados no Consello de Ministros do venres pasado contempla a prórroga un ano máis da conxelación salarial dos traballadores e traballadoras da Administración Central. É previsible, polo tanto, que o PP na Xunta de Galicia recorte, de novo, o noso salario.
 UNIVERSIDADE COMPOSTELA
    A Universidade de Compostela aprobou no Consello Social do día 22, co único voto en contra do representante do PAS, un duro plan de axuste para reducir a súa débeda. O plan denominado eufemisticamente de re equilibro económico-financeiro contempla entre as medidas anunciadas un ERE encuberto ao pretender a amortización de arredor de 300 vacantes por xubilacións forzosas até 2018 o que significará un aforro duns 10,4 millóns de euros.
 DESAFIUZAMENTO EN COMPOSTELA
    Cun saldo de sete persoas identificadas e ameazadas de sanción, unha persoa detida, varias agredidas e a familia expulsada da súa vivenda, a loita en defensa do teito de Carlos e María continúa..
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insuficiente e precaria da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma.
 LINGUA - DÍA DAS LETRAS'15, ASINA!
    Desde a súa institución o 28 de abril 1963 até o pasado 5 de xuño de 2014, a Real Academia Galega escolleu para ser homenaxeada no Día das letras Galegas unha ”figura autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe”, tal e como se recolle na acta da sesión onde se decidiu estabelecer esta data tan relevante para a nosa lingua e cultura e que celebra a saída ao prelo da obra mestra da literatura galega contemporánea, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      UNHA SANIDADE PÚBLICO/PRIVADA

       
        SEN PALABRAS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript