Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 243 - 29/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Son necesarias as asembleas?
Partindo da base de que os sindicatos son autónomos para determinar as súas opcións, opinións e alternativas, entendo que a representación do PAS non se delegou nunca nos sindicatos. Temos un órgano de representación que saíu dunhas eleccións, nese marco deben discutirse as opinións, opcións e alternativas dos sindicatos e agrupacións electorais. Tamén entendo que as eleccións non son un salvoconduto para que o órgano decida autonomamente diante de situacións que afectan ao colectivo de xeito importante (o mesmo que ocorre na política). A democracia non é só votar cada catro anos, a democracia debe exercerse de xeito cotiá,  polo tanto entendo que a decisión, o acordo que se acade no seo da Xunta de Persoal sobre a proposta de RPT que ten que presentar a Xerencia e as posibles alternativas acordadas (tamén as minoritarias) deben ser presentadas ao PAS nunha asemblea decisoria onde as traballadoras e traballadores sexamos escoitadas. Ao mellor ata se nos ocorre algo que ás preclaras mentes dos membros da Xunta de Persoal non se lles ocorreu.

 

Que non se esquezan os problemas de Ferrol
Precariedade, imposicións ilegais, cambios de quenda e incluso de centro… Parece que estar na periferia do territorio da universidade tamén marca no eido laboral. Nos centros e servizos pálpase unha sensación de afogo e acogotamento que na Coruña non se vive ou só se percibe en determinados centros ou servizos pero en Ferrol é xeneralizada. A situación é insoportable, polo menos para moitos que non estamos na órbita do poder.

O peixe está vendido?
Se os sindicatos asumen xa antes de comezar a “negociación” as premisas que desde a Xerencia se repiten como un mantra: “non hai orzamento, as prazas non poden medrar, a taxa de reposición é a que é…”. Que se pode tratar, na mesa de negociación, partindo deste condicionante?.

Aborto
Témome que o PP non renunciou a derrogar a lei do aborto de 2010. Só a delegou á terceira cámara o "TC ". Con menor custo electoral.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript