Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 243 - 29/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE COMPOSTELA
 

Recortes na Universidade de Compostela

A Universidade de Compostela aprobou no Consello Social do día 22, co único voto en contra do representante do PAS, un duro plan de axuste para reducir a súa débeda. O plan denominado eufemisticamente de re equilibro económico-financeiro contempla entre as medidas anunciadas un ERE encuberto ao pretender a amortización de arredor de 300 vacantes por xubilacións forzosas até 2018 o que significará un aforro duns 10,4 millóns de euros.

 

  • Noticias relacionadas

A USC que xa amortizara 254 postos de traballo nos últimos catro anos propón para o próximo cuadrienio a amortización de, arredor de 200 prazas de persoal docente e investigador (PDI) e outras 100 entre o persoal de administración e servizos (PAS).
 
Para ter o visto e prace da Xunta e poder refinanciar unha débeda que segundo os medios de comunicación alcanza os 50 millóns de euros, o Reitorado formula ademais un segundo paquete de medidas para aforrar outros 3 millóns de euros e chegar a reducir nun 10% o capitulo I, o de nóminas. Negociaranse medidas adicionais para fusionar departamentos, reducir cargos académicos e rebaixar as retribucións por cargos non regulados. Prevese tamén funcionarizar ao PAS laboral fixo e proponse ademais prescindir de profesado asociado e interino en áreas excedentarias.
 
Non é a primeira vez que a USC impón recortes debida á desmesurada débeda acumulada. No ano 2004 a Universidade de Compostela xa aprobou unha redución salarial do 1% en 2005 e 2006.
 
Unha vez máis a mala xestión realizada desde fai anos e os recortes impostos desde a Xunta de Galicia e goberno central amortizaranse con cargo aos traballadores e traballadoras. A Universidade de Compostela que segundo as cifras dispoñibles nas súa páxina web conta con 3.329 traballadores e traballadoras en plantilla, 2.094 profesores e 1.235 PAS terá, no ano 2018 a quinta parte menos de traballador@s que no ano 2010. Un ERE en toda regra que por un lado precarizará, aínda máis, a situación laboral das traballadoras e traballadores e por outro repercutirá moi negativamente no servizo á comunidade universitaria e á sociedade.
 
Desde aquí queremos manifestar a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores da USC, asistiremos, como fixemos en anteriores ocasións, a todas e cantas mobilizacións convoquen.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript