Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 243 - 29/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT

Comezou o traballo arredor da nova RPT, parécenos importante sinalar uns cantos aspectos que consideramos de importancia e que, ao noso entender, deberían contemplarse na proposta que a Xunta de Persoal debe trasladar tanto @s traballador@s como á Xerencia, unha vez aprobada polo colectivo.

 

  • Noticias relacionadas

Consideramos que son elementos substanciais que se deben introducir no proxecto:
 

  • Levar a efecto as promocións asinadas no acordo de funcionarización, e as contempladas no Convenio Colectivo, tanto para o persoal funcionario como para o persoal que non optou por esta vía.
  • Profesionalización da Xestión. Deben desaparecer, dunha vez, os fontaneiros (PDI en labores que corresponden ao PAS). Esta histórica reclamación susténtase en varias razóns, a máis importante é que, as funcións que realizan son competencia do PAS. Os sucesivos reitores, por razóns electorais, permitiron e potenciaron o intrusismo profesional. Pero, ademais, esta reclamación está sustentada en razóns económicas e funcionais.
    Económicas. Resulta máis barato para a institución que os labores que nos corresponden e que se realizan por persoal docente sexan desenvolvidos polo PAS pois:
    • O fontaneiro cobra un complemento polo desempeño desa labor.
    • Ten redución horaria nas súas labores como docente.
    • Debido á circunstancia anterior o Departamento, en moitos casos, ten que contratar un profesor substituto.

Ámbito funcional.

    • Non existe a dedicación exclusiva que os postos que desenvolven requiren e que redunda nunha xestión, cando menos, moi mellorable.
  • Homologar á RPT de funcionarios as categorías da escala técnica. Para iso compre:
    • Revisar os niveis de cada posto de xeito que se cumpra o establecido no artigo 99.2 dos Estatutos.
      "2.- En calquera caso, as retribucións básicas e complementarias non poderán ser inferiores na súa contía ás previstas para os diversos corpos e escalas existentes na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutras administracións. Os niveis dos postos de traballo non poderán ser inferiores a outros iguais ou similares da Comunidade Autónoma ou doutras administracións."
    • Abrir os postos a máis dun grupo de xeito que permita a promoción e a ocupación de prazas en comisión de servizos.
  • Os postos que teñen condicións específicas débense ter en consideración á hora de establecer os niveis que lles corresponden.
  • Estabilizar os postos de traballo que a propia universidade recoñece como imprescindibles, actualmente en precario, con nomeamentos ou contratos de 3+3 e que xa se abonan con cargo ao Capítulo I.
  • Dotar do persoal necesario en centros e servizos para o desenvolvemento do traballo en condicións dignas e sen ter que recorrer, como sucede actualmente nalgún dos casos, ás contratacións externas, transformando, ademais, o excesivo uso das horas extra, nalgún servizo, en novos postos de traballo.
  • Que a localización dos postos se reflicta na RPT único xeito de evitar a mobilidade discrecional que se ven producindo nalgún servizo.
 
Outro aspecto esencial que debe ter calquera RPT é o da súa inviolabilidade. A RPT actual non se corresponde coa localización real dalgúns traballadores, temos coñecemento desta situación non porque a Xerencia informase, tan sequera, aos órganos de representación senón porque son @s propi@s traballador@s quen nolo sinalan. Convértese, deste xeito, a RPT, un documento oficial, negociado e, en moitos casos como é a actual, acordado entre a institución e a representación d@s traballador@s, nun verdadeiro cachondeo, sendo unha manifestación máis do incumprimento das obrigas por parte da Xerencia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript