Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 243 - 29/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

2015: novos recortes

O Proxecto de Orzamento Xerais do Estado aprobados no Consello de Ministros do venres pasado contempla a prórroga un ano máis da conxelación salarial dos traballadores e traballadoras da Administración Central. É previsible, polo tanto, que o PP na Xunta de Galicia recorte, de novo, o noso salario.

 

  • Noticias relacionadas

O propio Cristobal Montoro anunciou que esa nova conxelación se acompañará coa devolución, a primeiros do ano que ven,  de “arredor do 25%” da paga extra recortada no ano 2012. Trátase dun novo carameliño que, co día de asuntos particular que se nos devolveu, forma o pac da amnesia cara ao 2015, novo ano electoral. Montoro tamén sinalou que "habilitará" ao resto de administracións públicas a facer o mesmo pero, en función das súas posibilidades orzamentarias. A política de pau e cenoria pode non ter a mesma referencia na comunidade autónoma de Galicia pois estamos en situación diferente á do resto do estado e Feijoo está pensando en reintegrárnolo en cómodos prazos, entre outras cousas porque non lle urxe darnos ese doce electoralista ao non lle corresponder eleccións no ano 2015.
 
Pese a que o goberno presume da fortaleza da recuperación económica, para @s traballador@s da administración pública non haberá recuperación de ningún tipo o proxecto de Orzamentos para o ano 2015 contempla o incremento da taxa de reposición até o 50% soamente nos servizos esenciais (a sanidade, as forzas de seguridade e orde público e control e loita contra a fraude fiscal), cando se fala de ensino, non se contempla ao PAS só se inclúe ao PDI.
 
A falta dunha mobilización real e constante levounos a unha situación na que, a finais de ano, coa aprobación dos orzamentos do ano seguinte vivamos a mesma imposición (un déjà vu) , e xa van cinco anos de recortes sociais, salariais, de dereitos, recortes nos servizos que prestamos á cidadanía…
 
Outras traballadoras e traballadores demostraron que cunha actitude diferente e reivindicativa poden conseguirse cousas, a sanidade madrileña, o ensino nas Illes Balears, son exemplos que na administración pública central e autonómica,  na universidade, non callaron polo escaso interese dos sindicatos maioritarios que tiraron a toalla antes sequera de saír a pelexar.
 
Desde a nosa perspectiva esta é a liña a seguir. Demóstrase, na práctica, que coa oposición formal non se consegue nada. A mobilización é o único xeito de darlle a volta a unha situación que cada día é máis abafante para @s traballador@s da administración pública de Galicia.
 
Só a loita nos devolverá o que os políticos comprometidos cos intereses das grandes corporacións, fondos voitre …  nos quitan!

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript