Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 243 - 29/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Comisión de Asuntos Económicos

O venres día 26 realizouse unha nova reunión da Comisión de Asuntos Económicos da que vos xuntamos a convocatoria e da que vos facemos un pequeno resumo do que consideramos máis importante.

 

  • Noticias relacionadas

 

Informe da comisión sobre a contratación de persoal con cargos á convenios. Ao existir informes contraditorios entre o Servizo de Intervención e o de Asesoría Xurídica, acórdase a súa discusión na seguinte reunión da Comisión.
 
Contas 2013. Tráese a información da Comisión a liquidación do exercicio 2013 no que se sinala que a pesares da solvencia económica da Universidade rematouse o exercicio 2013 cun saldo negativo de -2.969.034,18€ que se enxugou co remátente de anos anteriores. Sinálase, tamén, que ao peche do ano 2013 o remanente que aínda queda sitúase en 2.270.801,17€.
No cadro comparativo que se nos mostrou sobre o Capítulo I entre os anos 2009 e 2013 figura que, despois dun crecemento no ano 2010 , as sucesivas reducións fixeron que acabemos o ano 2013 cun orzamento, neste Capítulo, similar ao de 2009, o que da mostra dos recortes impostos desde a Xunta de Galicia.
 
Cando se discutira e aprobara o Orzamento de 2013 xa votaramos en contra por considerar que, entre outras cousas, a redución do capítulo de acción social forzaría ao que despois sucedeu, o copago. Agora, cando se trata de aprobar a liquidación dese orzamento tamén votamos en consecuencia e volvémolo a facer negativamente.
 
Rolda de intervencións.
Nuria Vieira pregunta pola devolución da parte devengada da paga extra de 2012 . O xerente e a vicerreitora insisten en que a Universidade procederá ao recoñecemento administrativo da débeda e, unha vez coñecido o peche do exercicio 2013 sabe con máis exactitude o que poderá facer efectivo, tal e como quedara na reunión do 29 de xullo coa representación sindical procederase á convocatoria dunha nova reunión da Mesa Sindical para tratar este asunto. Nuria fai fincapé en que a Institución recoñece tarde a débeda cos traballadores.
 
A vicerreitora anuncia que a Universidade presentou Recurso Contencioso Administrativo contra a decisión da Xunta de non facer fronte ao pago da parte devengada da extra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript