Número 242- 22 de setembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Inicio das celebracións dos 25 anos da UDC

    O pasado día 19 realizouse o primeiro acto dos programados para a celebración dos 25 anos da institución. A este primeiro acto asistiu o máis rancio da sociedade galega e local, entre os participantes estaba o presidente da Xunta e unha chea de persoeiros algúns deles vinculados á operación denominada Pokemon (Pikachu na Coruña) contra a corrupción.

UNIVERSIDADE - PAS FUNCIONARIO

    Na Xunta de Persoal creouse un grupo de traballo para o estudo da nova RPT. Xa se realizou a primeira reunión deste grupo de traballo que comezou a súa labor polo Servizo de Informática e Comunicacións..

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CUT

    O pasado 10 de setembro reuníronse en Barcelona as organizacións sindicais nacionais e alternativas do estado español. Precisamente facíase un ano dunha xuntanza similar da que naceu a inicitiva do Movemento do 22M ou Marchas da Dignidade.

CRISE-ESTAFA

    As comunidades autónomas e entidades locais gastaron en servizos sociais 2.212 millóns de euros menos en termos absolutos, entre 2011 e 2013, segundo o 'Índice DEC 2014', da Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que analiza de xeito cuantitativo os dereitos e decisións políticas, a relevancia económica e a cobertura (DEC).

O BARRIO BURGALÉS SEGUE MOBILIZADO

    O barrio burgalés de Gamonal, coñecido polas protestas do pasado mes de xaneiro, volve á carga. Nesta ocasión, o motivo foi a remodelación da praza de touros do Plantío, adxudicada por máis de 5,5 millóns de euros á Unión Temporal de Empresas formada por Sacyr e Río Vea. Esta última é propiedade do empresario Antonio Miguel Méndez Pozo, quen tamén é propietario de, entre outras empresas, MGB, adxudicataria das polémicas obras no bulevar de Gamonal e que finalmente suspendeu a férrea oposición veciñal.

• OPINIÓN . Ignacio Escolar

    Por orde de aparición en calquera discusión sobre o pouco apropiado que resulta definir como "festa nacional" a unha bárbara tortura animal:

    
  •   
 
 GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O goberno da Xunta acaba de sacar do sombreiro o seu código ético, un compendio de comportamentos que, aínda recollendo xeitos de actuar totalmente rexeitables, dos que faremos mención, esquece, intencionadamente, os que máis prexudican á imaxe que a cidadanía ten das institucións, converténdoo nun libelo para os traballadores e traballadoras que prestamos servizo na administración autonómica.
 STOP DESAFIUZAMENTOS COMPOSTELA
    Hoxe, día 19, estivemos na porta da casa de Carlos e Marí para intentar impedir que xente armada lle entregase a súa casa a uns delincuentes.
 DESAFIUZAMENTO EN COMPOSTELA
    A detención produciuse mentres o militante da CUT participaba nunha cadea humana que tiña como obxectivo impedir o desafiuzamento dunha familia obreira do barrio compostelán de Aríns..
 SANIDADE PÚBLICA - A CORUÑA
    O día 16 os traballadores da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña concentráronse na rotonda de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña para reclamar á xerencia que se reabran as camas pechadas durante a tempada de verán, un total de 210 repartidas entre o Hospital A Coruña, o materno Teresa Herrera, o Abente e Lago e o Sanatorio Marítimo de Oza.
 LINGUA - ProLingua
    Prezado/a amigo/a,
    Como ben sabe o vindeiro 21 de setembro de 2014 cúmprese o 10º aniversario da aprobación no parlamento galego do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Este documento constituíu un fito importante, pois era a primeira vez que se puña en marcha un plan integral de normalización do galego ante a perda xeral de falantes e o alarmante descenso do seu uso na mocidade urbana.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      COMEZA O CURSO ESCOLAR

       
        RESTITÚENNOS UN MOSCOSO, COMEZA A CAMPAÑA ELECTORAL

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript