Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Catálogo no que faltan as grandes chourizadas

O goberno da Xunta acaba de sacar do sombreiro o seu código ético, un compendio de comportamentos que, aínda recollendo xeitos de actuar totalmente rexeitables, dos que faremos mención, esquece, intencionadamente, os que máis prexudican á imaxe que a cidadanía ten das institucións, converténdoo nun libelo para os traballadores e traballadoras que prestamos servizo na administración autonómica.

 

  • Noticias relacionadas

O DOG do día 19 de setembro publica o  Código ético institucional da Xunta de Galicia. Un verdadeiro catálogo de inmoralidades que os gobernantes cometen de xeito habitual
 
Entre as chourizadas que  cometen contémplase, por exemplo:

 
  • A prohibición de utilizar os vehículos do parque móbil para desprazamentos distintos dos de carácter laboral e oficial.
  • Os altos cargos e membros do Goberno en ningún caso poderán utilizar o parque móbil para efectuar desprazamentos coa exclusiva finalidade de acudir a actos ou reunións derivados da militancia nun partido político.
  • Os membros do Consello da Xunta de Galicia e altos cargos non poderán ser titulares de contas en países ou territorios con cualificación de paraíso fiscal
  • Non se poderán valer da súa posición para obteren vantaxes profesionais, laborais ou materiais, nin para si mesmos nin para FFo seu círculo familiar ou social inmediato, como:
    • Condonación de débedas bancarias.
    • Préstamos a xuro cero.
    • Uso habitual gratuíto dos seus servizos ou instalacións, cando exista réxime habitual de cobramento.
  • Etc. Etc. Etc.
 
Tamén se fai fincapé en situacións tan ridículas como facer fotocopias de asuntos particulares ou facer uso do teléfono ou papel da institución para cousas particulares, intentando involucrar aos traballadores e traballadoras nunha corruptela na que en absoluto participan.
 
O que  non contempla este compendio son os comportamentos máis habituais entre os políticos que son sinaladamente a orixe das críticas da cidadanía á corrupción institucional e que investigacións como a Pokémon , Pikachu… sacan á luz.
 
Cando a xustiza e a cidadanía sinala aos que usan as institucións para beneficio particular, roubando descaradamente no erario público ou beneficiando coa súa actuación aos correlixionarios políticos, o PP tira de recetario para, esencialmente, enturbar a imaxe dos traballadores e traballadoras.
 
Sinalar, tamén, que o catálogo foi rexeitado por todos os sindicatos.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript