Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Silencio, negóciase
Unhas semanas despois do inicio dos contactos entre a Xerencia e os sindicatos ninguén solta prenda, non sabemos en que situación estamos, parte do colectivo vivimos nunha calma tensa, nunha situación parecida a cando sabes que algo pasou e está a pasar pero non sabes que é, miras para todos  os lados porque sabes que che pode caer un pau pero non sabes de onde virá. Cando haxa eleccións presumirase de proximidade e transparencia, algúns acordaremos o que agora está a pasar.

 

Celebración dos 25 anos da UDC
A Universidade da Coruña e a de Vigo creáronse, se non lembro mal, ao mesmo tempo. A Universidade de Vigo (Campus de Excelencia Internacional, mellor situada en todos os rankings que a UDC), na que os seus traballadores e traballadoras conservan o intercambio vacacional e, entre outras cousas, non sufriron  ningún recorte na acción social, parece que non gasta nin un só euro na celebración deste aniversario. Será porque na UDC sobran os cartos?.

Pode ser un ano moi movidiño
Pode ser un ano moi movidiño e tenso Como tomarán as elites a posible chegada ao poder de partidos como Ganemos, Podemos, as Mareas…? sentadiños non van quedar e Europa e Alemaña, credes que respectarán a posible chegada ao goberno estatal de Podemos xunto a forzas como IU?
Non quero ser unha "auga festas" pero as acusacións de bolivarianos e parvadas deste tipo resultarán pequeneces co contraataque dos que parten o bacallau.
Por outro lado, os cidadáns que empezan a tomar un pouquiño de conciencia da estafa e a inxustiza na que vivimos envorcaron gran parte do seu entusiasmo nos novos grupos políticos. E paréceme razoable, pero debemos saber que se chegan a gobernar opcións deste tipo, non van poder arranxar tanto desaguisado nuns meses, xa que probablemente custe anos reformar un sistema tan podre. Eu sempre voto, pero tamén teño que facelo moi claro é só unha pequena parte da loita por conseguir unha sociedade mellor. O verdadeiro traballo está na rúa, nas pequenas accións nos barrios e os pobos, nas mobilizacións cidadás e na solidariedade activa cada un dentro das súas posibilidades. Só un voto cada catro anos non vai cambiar unha sociedade.

A democracia hai que defendela todos os días de todos os anos
En 1978 dotámonos dunha democracia e os/as cidadás pensamos que xa estaba todo conseguido e deixámonos levar pola corrente, sen ter en conta que a democracia hai que defendela todos os días de todos os anos e que iso non quita para que poidamos seguir gozando das nosas formas de vida con independencia da defensa que debemos facer do conseguido. Polo tanto imos botar a toda esta chusma que nos está a amargar a vida e seguir loitando, porque vai ser duro e nolo van poñer difícil,

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript