Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Primeiros pasos da nova RPT

Na Xunta de Persoal creouse un grupo de traballo para o estudo da nova RPT. Xa se realizou a primeira reunión deste grupo de traballo que comezou a súa labor polo Servizo de Informática e Comunicacións.

 

  • Noticias relacionadas

Por outro lado, sabemos que a intención do xerente é facer unha proposta de RPT moi recortada respecto ás necesidades reais de persoal, xustificándoo na situación económica, nas limitacións orzamentarias e pola taxa de reposición. Tamén pretende ter elaborada a proposta da nova RPT o 15 de outubro e quere rematar as negociacións antes de final de ano.
 
Agardamos que, ao seu debido tempo, antes de comezar as negociacións, ao tempo que se nos transmite a proposta da Xerencia, poidamos discutir e aprobar a proposta que se elabore na Xunta de Persoal.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript