Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O goberno devólvenos outro dos moscosos que nos roubara

No BOE do día 17 de setembro publícase a Lei 15/2014, de 16 de setembro, de racionalización do Sector Público y outras medidas de reforma administrativa, que, por unha parte modifica de xeito negativo (faltaría máis) o Estatuto do Empregado Público , e, por outra parte, da un carameliño a tod@s @s traballador@s da administración pública devolvendo un día moscoso dos que noutrora recortara.

 

  • Noticias relacionadas

As modificacións no Estatuto son especialmente prexudiciais ao incrementar a mobilidade e, tamén, o tratamento dos interinos.
 
Medidas como  as sinaladas así como as anunciadas ao remate da reunión do Consello de Ministros do venres, teñen sempre a súa trastenda, devólvesenos cunha man algún dereito, ou unha mínima parte dos que tiñamos,e quitásenos coa outra outros dereitos importantes.
 
Despois dos insultos, desconsideracións e recortes que nos impuxeron, pola proximidade de novos procesos electorais, a partires de agora, e coa finalidade de que non teñamos en conta todo o que nos insultaron e recortaron, tanto a nós, traballador@s, como aos servizos públicos nos que facemos efectivos os dereitos da cidadanía, o goberno iranos dando máis destes carameliños envelenados co xarope do esquecemento cos que pretende rabuñar algún voto nun colectivo tan numeroso como o d@s traballador@s da administración pública. Xa non quedan incaut@s.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript