Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN . Ignacio Escolar
 

6 mentiras taurinas 6

Por orde de aparición en calquera discusión sobre o pouco apropiado que resulta definir como "festa nacional" a unha bárbara tortura animal:

 

  • Noticias relacionadas

1. "É unha tradición". É unha falacia clásica, tamén coñecida como argumentum ad antiquitatem. Que algo sexa antigo non significa que sexa bo. A prostitución, a tortura ou a escravitude son tradicións aínda máis vellas que a tauromaquia.
 
2. "Sen corridas, o touro de lida extinguiríase". Abondaría con que os concellos gastasen en reservas naturais unha cuarta parte do que hoxe empregan en subvencionar a tortura animal para evitar tal drama. O lince ibérico tamén está en perigo de extinción, e ninguén defende que a solución sexa tourealo.
 
3. "O touro non sofre". Hai un veterinario, “jaleado” polo lobby taurino, que di telo demostrado cientificamente por medio duns misteriosos microchips, que implantou nalgúns touros. De momento, o seu importante descubrimento só foi publicado pola prestixiosa revista científica 6 touros 6. Xa que a súa investigación está tan avanzada, recomendaríalle que probase agora con humanos. Se non encontra voluntarios, cousa probable, que empece el mesmo coas banderillas.
 
4. "Tamén se matan os tenreiros". Pero o tenreiro, segundo a lei, debe ser sacrificado coa menor dor posible, e ao touro tortúraselle. En Catalunya, a lei de maltrato animal recolle aos touros de lida como excepción. Se toureasen unha ovella, incorrerían nun delito penado con cárcere.
 
5. "É unha pelexa de igual a igual entre o home e o touro". Igualada? Non hai máis que ver como adoita quedar o marcador.
 
6. "Os que queren prohibir os touros son independentistas cataláns, contrarios á festa nacional,". Pois eu vivo en Madrid e nacín en Torresandino, Burgos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript